Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores do programa “Provincia activa”

- Anuncio -

En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar parte da lista de agarda

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres de que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar a relación de entidades admitidas no programa “Provincia Activa”. Trátase dunha iniciativa, tal e como explicou López, “dotada con preto de 150.000 euros para promover actividades que xeren espazos de encontro e intercambio para as persoas maiores” e na que participarán ata un total de “250 entidades das que 130 teñen xa un obradoiro adxudicado e as 120 restantes quedan na lista de agarda”.

O presidente provincial remarcou que desde a institución provincial “cremos na necesidade de romper fendas e de non deixar a ninguén atrás ata que consigamos que os nosos veciños teñan a mellor calidade de vida”. Neste eido deu conta do éxito do programa, no que este ano a Deputación “tivo un total de 263 solicitudes, 24 máis que o ano pasado”. Tendo en conta unicamente as 130 entidades que xa teñen asegurada a súa participación, “teremos unha mobilización de 3.000 persoas maiores de 50 anos” de 42 concellos da provincia: Arbo, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas do Morrazo, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Os obradoiros, xestionados pola empresa Xestión Cultural Áurea, están englobados en seis áreas: ‘Benestar natural’, ‘Saúde en movemento’, ‘Emociónate’, ‘Outra vida’, ‘Con ritmo!’ e ‘Redeir@s’. As actividades máis demandadas foron as de ximnasia de mantemento, bailes de salón e un obradoiro para a estimulación da memoria.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas