Home Pontevedra Luisa Piñeiro, directora de campaña do PP de Pontevedra para as eleccións...

Luisa Piñeiro, directora de campaña do PP de Pontevedra para as eleccións xerais

- Anuncio -

A dirección do Partido Popular de Pontevedra elixiu ao equipo que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral para as eleccións xerais na provincia de Pontevedra e que encabeza a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Os populares manteñen practicamente o mesmo equipo que dirixiu a campaña dos populares nas eleccións de maio. Así, ademais de Luisa Piñeiro como directora de campaña, tamén forman parte do comité Alberto Pazos, como director adxunto; Natalia Prieto, como coordinadora de programas; Javier Tourís, responsable de acción electoral; Valentín García, responsable de campaña para os dirixentes nacionais; e José Balseiros, de actos sectoriais.

Ademais deles, haberá tamén un xerente de campaña, un responsable de prensa e medios, responsable de interventores e apoderados, e un responsable de actos públicos.

Luisa Piñeiro destaca que “temos por diante semanas de intenso traballo, desde o PP de Pontevedra estamos preparados para afrontar as eleccións do 23 de xullo e contribuír a que Núñez Feijóo sexa o próximo presidente de España”. Nesta liña, di que “afrontamos esta nova cita con moita forza, moita ilusión e plenamente convencidos de que é necesario un cambio en España. Porque o que se decide en xullo é o futuro do noso país, e estou convencida de que a nosa provincia volverá a demostrar nese momento que somos maioría os que apostamos por un Goberno fiable, estable e con sentidiño liderado por Núñez Feijóo”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas