● O dispositivo municipal para a noite do 23 de xuño xa está preparado para garantir o correcto desenvolvemento dunha das celebracións máis esperadas do calendario festivo
O Concello do Porriño ultima o dispositivo especial para a celebración da noite de San Xoán no municipio. Ata o momento xa foron autorizadas 21 fogueiras, entre públicas e privadas, distribuídas por distintas parroquias do termo municipal.
Haberá fogueiras en todas as parroquias e no centro urbano impulsadas polo tecido asociativo, como as impulsadas pola Asociación de Veciños San Benito e San Sebastián, a Asociación Cultural A Forna, a Sociedade Cultural Recreativa Mosteiro Budiño, a Asociación de Veciños O Castelo, a Asociación Cultural As Mimosas Carracido, a Asociación Comisión de Festas da Costeira en Mosende, a Asociación de Festas San Benito Covelo, en Atios, e a Asociación Cultural de Pontellas. En total, dez cacharelas públicas onde o lume convivirán coa gastronomía e a tradición. O “Meigas fóra!” volve a ter no Porriño diferentes espacios.
Desde o Concello lémbrase que todas as fogueiras autorizadas deben cumprir as condicións recollidas no bando regulador, que establece as medidas de seguridade necesarias para protexer ás persoas, os bens e o medio natural. “Queremos que, como sempre, sexa unha noite máxica no municipio, pero primando a seguridade”, asegura o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Entre outras condicións, as fogueiras deberán situarse en lugares despexados e manter unha distancia mínima de 15 metros respecto de vivendas, árbores ou outras instalacións. A súa estrutura non poderá superar os catro metros de diámetro nin os dous metros de altura e unicamente poderá empregarse madeira natural, quedando prohibida a queima de plásticos, pneumáticos, espumas, aceites, sprays ou calquera outro material contaminante ou perigoso.
“San Xoán é unha das noites máis especiais do ano para a nosa veciñanza. Queremos que siga sendo unha celebración de encontro, de convivencia e de tradición, pero tamén unha festa segura, organizada e respectuosa coas normas que nos permiten gozala con total tranquilidade”, engadiu o alcalde.
Abel Estévez, concelleiro de Seguridade, explica que dispositivo municipal contará coa coordinación da Policía Local, Protección Civil e dos diferentes servizos municipais, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento da noite de San Xoán en todo o termo municipal.

