Home Pontevedra Baixo Miño Máis de 3.300 persoas demandaron información en maio na Oficina de Turismo...

Máis de 3.300 persoas demandaron información en maio na Oficina de Turismo de Tui

- Anuncio -

Foron 2 mil turistas e 1.300 peregrinos e peregrinas os que se achegaron até este punto de información turística

Ao longo do mes de maio a Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu a 3.357 persoas das que 2.019 eran turistas e 1.338 eran peregrinos e peregrinas.

Esta cifra supón un incremento de 644 persoas con respecto ao mesmo período de 2022. O turismo é maioritariamente nacional, mentres que a orixe das persoas que realizan o Camiño Portugués é principalmente internacional.

Dos 2.019 turistas que en maio se achegaron até a Oficina de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira, a meirande parte, 1.813, eran de orixe nacional. Os principais puntos de procedencia foron Madrid, con 321 persoas, Pontevedra con 213, A Coruña con 166, Asturias con 152, e Ourense con 120. Mentres houbo 206 consultas de turistas estranxeiros dos que 46 eran de Portugal, 37 de Uruguai, 23 de Arxentina, 21 de Alemaña e tamén 21 de Francia.

Mentres entre os peregrinos e peregrinas que en maio pasaron por este punto de información turística a procedencia maioritaria era de persoas procedentes doutros países, en concreto 880 persoas. Alemaña con 246 peregrinos e peregrinas foi o principal punto de orixe das persoas que estaban a realizar o Camiño de Santiago e se achegaron até a Oficina de Turismo, amais 84 chegaron de EEUU, 63 de Reino Unido, 53 de Italia, 42 de Canadá e 31 da República Checa.

Por outra parte no que se refire aos peregrinos e peregrinas nacionais, un total de 458 en maio, 76 chegaron dende Madrid, 68 de Barcelona, 43 de Valencia, 43 de Badaxoz, e 26 de As Palmas.
Na Oficina de Turismo peregrinos e peregrinas selan a súa credencial, preguntan por aloxamentos, o tramo do Camiño, mentres os e as turistas interésanse polos puntos destacados para visitar na cidade.
Amais das consultas que realizan presencialmente cando turistas ou peregrinos están na cidade, son numerosas as chamadas telefónicas e os correos electrónicos que reciben que para planificar a viaxe, e no caso das persoas que realizan o Camiño Portugués unha das máis repetidas é coma chegar a Tui.
A Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, abre de luns a domingo, de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h. O seu teléfono de contacto é o 677 41 84 05 e o correo electrónico turismo@tui.gal, e están presentes en Instagram @oficinaturismotui.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas