Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Máis de 40 establecementos celebran a noite de compras con máis encanto

Máis de 40 establecementos celebran a noite de compras con máis encanto

- Anuncio -
  • O comercio local celebra o venres 2 de agosto a súa tradicional “Shopping Night” con máis de 40 establecementos que estarán abertos ata a media noite nunha xornada chea de descontos e promocións.
  • A xornada coincide como é tradición co XXV Festival de Artistas de Rúa que organiza o Concello de Redondela con espectáculos de maxia, circo, pasarrúas e música na alameda e as rúas e prazas da vila.

O comercio local celebra o venres 2 de agosto a súa tradicional “Shopping Night” coincidindo co XXV Festival de Artistas de Rúa que organiza o Concello de Redondela. Os comercios estarán abertos ata a media noite nunha xornada chea de descontos e promocións. Son máis de 40 os establecementos que participan nesta edición con moda, calzado, decoración, complementos, deportes, xoiería, libraría, produtos gourmet, artesanía e moito máis.

O Festival de Artistas de Rúa arrancará ás 19.30 horas con actividades na Alameda Castelao, Praza da Constitución, Praza José Figueroa, Pista da Xunqueira e Praza da Torre. A xornada arrancará cun concerto de As Tareixas na praza José Figueroa. Ás 20.15 horas será a quenda do circo co clown Rogelio La Fête na Praza da Constitución. O espectáculo da compañía Chimichurri na Alameda Castelao será ás 20.50 horas. Tamén na alameda será o espectáculo UP2DOWN ás 21.30. Ás 22.15 horas comezará o pasarrúas con Hexagonum desde a praza de Ribadavia ata a praza de Santiago Apóstolo. Un dos pratos fortes deste XXV Festival é a actuación do Mago El Shado, na pista da Xunqueira ás 23.00 horas. Pechará o festival o concerto do Septeto Santiaguero ás 00.00 na Praza da Torre.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, e o concelleiro de Economía, Antonio Cabaleiro, presentaron a xornada xunto con algúns dos comerciantes que participan nesta edición. Desde o goberno local destacan que unir o Festival de Artistas de Rúa con esta xornada especial de compras é un xeito de “dinamizar e promover o comercio local”. Tanto veciñanza como visitantes poderán gozar dunha noite de ocio e compras con numerosa actuacións e espectáculos polas rúas e prazas de Redondela.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas