Concerto do grupo De Vacas no Porriño no día das Letras Galegas

adminON
Lectura mínima de 1

● A praza do Arquitecto Antonio Palacios albergará a actuación do grupo compostelano o 17 de maio as 21:00 horas

O Concello do Porriño xunto coa Deputación de Pontevedra organiza un concerto do grupo De Vacas para festexar as Letras Galegas, o vindeiro mércores 17 de maio ás 21 horas na praza do Arquitecto Antonio Palacios.
O cuarteto presentará o seu novo espectáculo “REBOVINA DIVAS LIVE”, unha homenaxe ás mulleres, que coa súa música, acompañaron as compoñentes de De Vacas ó longo da súa vida, incluídas as divas do pop Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo, Beyoncé, entre outras.
De Vacas está formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia), compoñente do desaparecido “Berrugüetto”. O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido, poñendo en valor o feminismo, o ecoloxismo e a poesía. Algunhas das súas versións máis coñecidas son “Amodiño”, cover do “Despacito” de Luis Fonsi; ou “Peixería Chanel”, a súa interpretación en galego de “SlowMo”, da eurovisiva Chanel.

Comparte este artigo