HomeO SalnésMeisMarta Lucio reitera a mala xestión económica da alcaldesa na compra da...

Marta Lucio reitera a mala xestión económica da alcaldesa na compra da parcela para o centro de saúde e acúsaa de ter a “lei do embude” pola súa dilatación do proceso

- Anuncio -spot_img

● “Máis alá do emprazamento, o que importa é que o centro de saúde se faga e vaino facer unha administración gobernada polo PP, pero do que ten que dar explicacións é de porque mercou unha finca de 14.000 metros cun crédito cando só se precisaban 1.000”, sinalou a voceira


● A concelleira popular lamenta que a rexedora “teña a pel tan fina” cos prazos cando a obra comezou a retrasarse pola súa xestión para conseguir a finca e que non aplique o mesmo criterio con todas as obras do Concello, lembrando o caso da escola infantil

A voceira municipal do PP de Meis, Marta Lucio, vén de reiterar, respecto ás críticas da alcaldesa, Marta Giráldez, en torno á construción do centro de saúde, que o máis grave deste caso estriba na mala xestión económica do executivo socialista á hora de adquirir a parcela para este equipamento sanitario e tamén acusouna de ter a “lei do embude” con respecto aos prazos, xa que o Concello tamén foi responsable da dilatación do proceso.
“Máis alá do emprazamento, o que importa é que o centro de saúde se faga e, por moito que lle doa, que ese é o motivo das súas críticas fóra de lugar, vaino facer unha administración gobernada polo PP, pero do que ten que dar explicacións é de porque mercou a Finca de Parga e os seus 14.000 metros cadrados recurrindo a un crédito co conseguinte incremento da débeda municipal cando só se precisaban 1.000”, sinalou a concelleira popular.

En canto aos prazos, Marta Lucio lembrou que todo este procedemento, que corresponde a unha “demanda histórica” de Meis, arrancou co anterior alcalde, José Luis Pérez, “polo que tampouco pode presumir moito de axilidade porque leva seis anos ao fronte do Concello e gran parte deste tempo tivo o tema paralizado ou enleándose para conseguir os terreos”.

Ademais, a edil do PP lamentou que a rexedora “teña a pel tan fina” cos prazos, porque é perfectamente consciente de que en toda España hai unha burocracia e un sistema garantista que sempre dilatan todas as obras, pero insistiu en que gran parte deste tempo de agarda débese en exclusiva a xestión municipal socialista.

Nesta liña, criticou que no aplique o meso criterio para facerse autocrítica, xa que todas as obras do Concello teñen moita demora, tanto na súa tramitación como na súa execución, e recordoulle o sucedido coa escola infantil e todos os inconvintes causados aos usuarios e ás familias.

Responsabilidade do Goberno cos médicos

Finalmente, e sobre a súa denuncia da falta de médicos, Marta Lucio explicoulle que a Xunta contrata todos os médicos posibles que hai no sistema, pero son insuficientes para cubrir as baixas e, nesta época, as vacacións do verán, polo que pediulle que faga esa reclamación “na xanela do Goberno de España, que é o responsable da formación e ten bloqueadas e conxeladas as prazas MIR, polo que as comunidades autónomas, absolutamente todas, tamén as do PSOE, teñen o problema de non dispoñer de suficientes médicos de familia”.
“Os socialistas levan sete anos gobernando en Madrid e aínda non deron unha resposta axeitada ao necesario incremento das prazas formativas para médicos de familia e supoñemos que agora, tristemente, non o van facer porque andan moi ocupados e preocupados con Cerdanes e Koldos”, concluíu.

Publicacións Relacionadas