Hoxe venres 15 de agosto, a velada cultural das 20h. estará dedicada a Martín Códax, acompañando a música do Trío Cámara.
Os xardíns de Cásaa-Museo da Navegación de Baiona, trasladarannos á época Medieval, en concreto ás cantigas do estudado e difundido trobador Martín Códax. Os seus poemas de amigo, cunha métrica estruturada e temática recorrente, será presentada por Anxo Rajó, escritor e profesor de literatura galega.
O enigma do trobador vigués tamén soará grazas á formación musical de Valladares, Trío Cámara, que interpretará “Mandade ei comigo” ou “Nena irma fermosa”. Obras como Música nocturna de Madrid (Bocherini) ou Danza ritual do lume (Falla), forman parte tamén do programa nocturno, con Rebeca Núñez (violoncelo), David Piñeiro (clarinete) e a soprano Indra Sesti.