Minuto de silencio no Porriño polo asasinato machista de Estela, veciña de Baiona

adminON
Lectura mínima de 1

● Con ela son xa 40 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas este ano

O Porriño gardou hoxe un sentido minuto de silencio polo asasinato de Estela Blanch, veciña de Baiona vítima mortal da violencia machista.
A corporación local, traballadores e traballadoras do Concello do Porriño e veciñanza concentráronse aos pés da casa consistorial para amosar a súa firme repulsa e condena á violencia contra as mulleres e enviar o seu apoio á familia e amigos de Estela.
Estela tiña 36 anos e era nai dunha filla. Con ela son xa 40 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas este ano. Coa filla de Estela, 30 os nenos e nenas que dan orfos por este motivo.

Comparte este artigo