– Celebra un acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU e Fin de Carreira
– No encontro a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Julia Loureiro, compartiron parte da mañá no Pazo de Mos cos 7 estudantes e as súas familias
O Concello de Mos celebrou esta mañá no Pazo de Mos un acto de recoñecemento á excelencia educativa mosense homenaxeando aos mellores expedientes da ABAU 2024 e ao alumnado receptor de Premios Fin de Carreira 2022 e 2023 da Xunta de Galicia. A rapazada e mocidade mosense con demostrada excelencia académica consta de 7 expedientes oficialmente premiados, 4 na ABAU e 3 de Fin de Carreira. Os flamantes portadores e responsables dos devanditos expedientes son Adai Fernández, Juan Martín, Aitana Díaz, Sara Bugallo, Ana Leirós, Iria Seijo e Carmen Barros.
Na ABAU 2024 foron recoñecidos por atoparse entre as mellores notas Adai, Juan, Aitana e Sara. Adai Hernández Folgueira estudou en Los Sauces e vive en Roublín, Pereiras. Asistiu ao recoñecemento de hoxe no Pazo de Mos acompañado polo seu avó e, ademáis de ser un gran estudante, é un gran xogador de baloncesto. A súa afeción polo deporte non remata no baloncesto, senón que tamén practica a equitación e no ano 2018 participou no XXX Campeonato de España de Ponis. O vindeiro curso Adai estudará Medicina en Santiago de Compostela.
Juan Martín Carrera estudou no IES de Mos e é veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo. Esta mañá estivo acompañado polos seus pais. O vindeiro curso Juan estudará Enxeñería Aeroespacial en Ourense.
Outra das mosenses homenaxeadas e veciña de San Antoíño, en Louredo, é Sara Bugallo Vila que tamén estudou no IES de Mos e asistiu compañada do seu pai. Sara Bugallo é un auténtico exemplo de esforzo, traballo duro, e superación. Sara leva anos demostrando que non hai barreiras nin límites para ela, que se se quere, pódese. Exemplar e digna de admiración Sara. O vindeiro curso Sara estudará Historia en Santiago.
Aitana Díaz Barciela tamén foi alumna do IES de Mos e tamén é veciña da parroquia de Louredo, concretamente do barrio de Inxertado. Asistiu ao recoñecemento acompañada dos seus pais e do seu irmán e é afecionada ao atletismo. Como boa atleta que é leva participado en varias carreiras como poden ser a XXIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay no ano 2024 e na Carreira de Empresas Galicia en Porriño no ano 2023. O vindeiro curso Aitana estudará Medicina en Santiago.
Os premios Fin de Carreira 2022 e 2023 recibíronos Ana, Iria e Carmen. Ana Leirós Vilas fixo o Grao en Socioloxía da UDC e é veciña de Guizán. Asistiu hoxe compañada dos seus pais Juan e Matilde. No ano 2024, participou como ponente en varios seminarios por España tales como “Encuentros de Sociología Ordinaria – Museo Nacional Reina Sofía” coa ponencia “La fuerza de la imaginación en los espacios virtuales: una puerta a un universo de sentido copartido en el mundo slash” e “¡Venid a las cloacas¡- I congreso sobre subculturas, identidades y otras retónicas de participación” na Universidade de Ciencias da Información. Ana cursa agora segundo de doutorado na Complutense de Madrid e se atopa xa dando clase na Universidade.
Iria Seijo Porto realizou o Grao en Odontoloxía da USC, é da Porteliña, parroquia de Petelos. E é filla do tamén dentista e exconcelleiro do Concello de Mos, Luis Seijo. Acudiu ao acto desta mañá acompañada dos seus pais. Iria está traballando nunha clínica en Vigo.
Por último Mª Carmen Barros Serodio recibiu o Premio Fin de Carreira polos seus estudos en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na UVIGO. É de Bosende, parroquia de Tameiga.

