test
Home Vigo Mos Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o Orgullo non ten idade

- Anuncio -

O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+

Pequenos e maiores de Mos tornáronse hoxe en artistas por un día para plasmar toda a súa creatividade coa paleta cromática do arco da vella, mediante a que conmemoraron o Día do Orgullo LGTBI+.

A concellería de Igualdade que dirixe o edil Leo Costas, a de Xuventude que dirixe Julia Loureiro, e o CIM (Centro de Información á Muller) de Mos promoven esta iniciativa así como toda a programación organizada en torno ao Orgullo. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, achegouse esta mañá a comprobar o resultado da creatividade dos maiores e pequenos artistas da localidade.

E é que elaboraron muráis multicolor para para dar visibilidade e concienciar sobre o respecto e por en valor o día de hoxe, tanto os usuarios e usuarias do Centro de Día O Son do Regueiro de Torroso, como a comunidade escolar das Escolas Infantís Públicas A Galiña Azul de A Porteliña, Cototorrón e Veigadaña.

Tal e como explicaron os representantes municipais Arévalo, Loureiro e Costas “o obxectivo de iniciativas como estas é visibilizar o día de hoxe, e mostar un ano máis o noso firme compromiso na defensa dos dereitos das LGTBI+ e contra a discriminación por orientación sexual, identidade sexual, expresión de xénero ou característica sexuais, continuando co fomento  das actividades que se realizan coas familias e nos centros educativos, así como coa poboación xeral para avanzar na erradicación das discriminacións, ataques e actos de violencia que a día de hoxe seguen sufrindo as persoas LGTBI”.

Así mesmo, desde o Concello de Mos pintáronse bancos coas cores multicolor da bandeira en varias parroquias do municipio, continuando coa visibilización da bandeira LGTBI máis aló deste día. E tamén se puxeron sinais e se pintaron pegadas coa bandeira LGTBI no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, baixo o lema “Diversidade no Camiño”.

Lema que se une ao outro slogan do Orgullo 2024 en Mos: “VivaMos ca liberdade de sentir”, resultante do V Concurso de Frases convocado na localidade mosense. A gañadora, e autora da mesma, é Ana Isabel Monzón Otero, veciña da parroquia de Pereiras. O Concello de Mos vén convocando dende fai 5 anos un concurso de frases co motivo do día do Orgullo LGBTQIA+ organizado dende as Concellerías de Igualdade e Xuventude.

“Queremos seguir mobilizándonos a favor dos dereitos LGBTQIA+ e facer partícipe a nosa poboación”, concluíron os representantes municipais Nidia Arévalo, Leo Costas e Julia Loureiro.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas