Mos inicia unha campaña solidaria de recollida de axuda para os afectados pola Dana

adminON
Lectura mínima de 1

Quen queira achegarse a realizar a súa aportación solidaria pode facelo o vindeiro sábado 2 de novembro en horario de 10 a 20 horas nas instalacións de Mos Axuda en Puxeiros

Desde o Concello de Mos coa colaboración de Mos Axuda e AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), organízase unha recollida de alimentos e roupa de cama, mantas e toallas para os afectados pola Dana.

Será o sábado día 2 no local de Mos Axuda (Estrada Puxeiros – Peinador) en horario de 10:00 h a 20:00 h.

A axuda solidaria recollida enviarase ás naves habilitadas nos tres pobos máis afectados: Paiporta, Picanya e Catarroja.

En comunicacións coa Policía Local de Valencia, á administración local mosense infórmaselle de que as necesidades máis acuciantes para a poboación afectada son:

Auga

Leite

Conservas

Comida de bebé (leite en pó e potitos)

Comida non perecedeira

Mantas, roupa de cama e toallas

Biberóns, “toallitas” e pañais

Papel hixiénico

Cargadores de móbil

Todas as persoas interesadas en colaborar e que teñan algunha dúbida ao respecto poden poñerse en contacto telefónico con Mos Axuda chamando ao número de teléfono: 627 133 828.

Comparte este artigo