Mos presenta un programa de preto de 20 andainas saudables coincidindo co Día Mundial contra a Obesidade

adminON
Lectura mínima de 5
  • O proxecto, que aúna saúde e inclusión social, organízase conxuntamente con EVD, sendo as usuarias do centro mosense as que guiarán as rutas
  • Cada andaina conmemorará un Día Internacional relacionado coa saúde e irá precedida dunha charla informativa sobre cada tema en concreto

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e representantes de EVD Galicia, do centro da Porteliña en Petelos, presentaron esta mañá no Concello, con motivo do Día Mundial contra a Obesidade que hoxe se conmemora, o novo programa denominado RUTAS SAUDABLES.

Trátase dun proxecto que xurdiu a raíz dunha Mesa da Saúde organizada polo Concello de Mos e en base á demanda da poboación da contorna, da organización de andainas grupais.

Neste senso as representantes das Escravas da Virxe Dolorosa declararon que “en EVD cremos que esta demanda é unha oportunidade para aportar valor á comunidade, liderando esta actividade en colaboración co Concello, ao tempo que favorecemos a socialización e a inclusión”.

Neste Día Mundial contra a Obesidade Arévalo, rexedora local, e a concelleira Sara Cebreiro lembraron que “a Organización Mundial da Salude (OMS) recomenda á poboación adulta practicar exercizo físico, como camiñar. Ademáis, as principais institucións da saúde, recomendan á población adulta o hábito de camiñar polo menos 30 minutos diarios, preferiblemente tódolos días da semana. Hoxe en día hai investigacións que afirman que as persoas que seguen este hábito acadan previr e/ou controlar enfermidades (diabetes, cardiovasculares, ansiedade, osteoporosis, etc), mellorar o benestar emocional (ansiedade, estrés, mellora do sono…), controlar o peso, manterse áxil tanto física como mentalmente e umentar as relacións sociais”.

Durante a presentación das novas RUTAS SAUDABLES mosenses, as presentes na mesma destacaron que “desde EVD Galicia en colaboración co Concello de Mos queremos xerar sinerxias que axuden a promover unha vida sá, promovendo rutas que resulten seguras e atractivas á veciñanza. Para comezar este proxecto e co obxetivo de que a ciudadanía se sume, comenzarase por organizar as rutas un día ao mes, coincidindo co día da saúde máis relevante de dito mes”.

Os obxectivos destas rutas seguras e saudables son crear o hábito de camiñar na poboación adulta, como hábito que axuda a ter unha vida sá, fomentar a socialización das persoas, crear redes comunitarias inclusivas que axuden a que o hábito de camiñar se comparta en máis ocasións; e estimular a participación e coordinación dos diferentes axentes que poden estar implicados na promoción da salude e promoción da actividade física para a salud (enfermeiras, monitor@s de actividades físicas, de piscina…).

As saídas das rutas serán dende a Piscina Municipal no Pavillón Óscar Pereiro, por ser un punto onde xa existe unha rede de persoas adultas sensibilizadas có coidado da súa saúde e que realizan en horario de mañá actividades deportivas en ditas instalacións de natación e ximnasia de mantemento.

Antes da saída da ruta levarase a cabo unha pequena charla sobre o día da saude o que se fai referencia. Ao inicio da ruta farase un previo quecemento e o finalizar a ruta, unha sesión de estiramentos (guiados ambos por un monitor/a de EVD ou das instalación municipais).

CALENDARIZACIÓN DATAS

DIA DA SAUDE

18 DECEMBRO

DIA NACIONAL DA ESCLEROSE MÚLTIPLE

13 XANEIRO

DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A DEPRESIÓN

4 FEBRERO

11 FEBREIRO

28 FEBREIRO

DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

XORNADA MUNDIAL DO ENFERMO

DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS

14 MARZO

DIA EUROPEO DA PREVENCIÓN DO RIESGO CARDIOVASCULAR E DIA MUNDIAL DO RIÑÓN

7 ABRIL

DIA MUNDIAL DA SAUDE

3 MAIO

17 MAIO

DIA MUNDIAL DA ASMA

DIA MUNDIAL DA HIPERTENCIÓN

11 XUÑO

DIA MUNDIAL DE CANCER DE PRÓSTATA

24 XULLO

DIA INTERNACIONAL DO AUTOCOIDADO

15 AGOSTO

DIA MUNDIAL DA RELAXACIÓN

21 SETEMBRO

29 SETEMBRO

DIA MUNDIAL DO ALZHÉIMER

DIA MUNDIAL DO CORAZÓN

10 OUTUBRO

12 OUTUBRO

DIA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL

DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES REUMÁTICAS

14 NOVEMBRO

DIA MUNDIAL DA DIABETES

Comparte este artigo