Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Soutomaior investirá case 75.000 euros paraa arranxar a estrada de acceso a...

Soutomaior investirá case 75.000 euros paraa arranxar a estrada de acceso a Cortellas

- Anuncio -

O proxecto está á espera unicamente dun informe de Augas de Galicia para saír a licitación nas vindeiras semanas, polo que o Goberno local espera poder comezar coas obras canto antes.

O Goberno de Soutomaior xa ten sobre a mesa o proxecto para levar a cabo o arranxo na estrada que da acceso ao barrio de Cortellas desde o Val-Sobral, despois de que se viñese abaixo no pasado mes de novembro parte do talude natural nunha escorredura de terras producida polas riadas. Desde o momento mesmo do sinistro, o Goberno púxose a traballar para atopar unha solución o antes posible que garantise a seguridade dos transeúntes e a reapertura do tráfico nesta estrada, unha das tres vías de acceso ao barrio de Cortellas.

Así, Soutomaior investirá case 75.000 euros de fondos propios neste proxecto, despois de que a Deputación de Pontevedra se negase a facerse cargo desta actuación a través da súa liña de axudas de emerxencia. O proxecto foi redactado por ‘ Bercal. Consultoría Ingeniería Medioambiente’, e está á espera de a Augas de Galicia envíe o informe de aprobación definitivo.

O concelleiro de Obras, Pablo Garrido, explicou que a actuación prevista na estrada de Cortellas ten por obxectivo estabilizar o talude coa construción dun muro de dique de 14 metros de lonxitude, 5,5 metros de altura máxima e 1,2 metros de ancho. O Goberno de Soutomaior espera licitar o proxecto nas vindeiras semanas, co obxectivo de poder comezar coas obras canto antes e que a estrada volva estar aberta ao tráfico.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou “o Goberno local fai un gran investimento, de case 75.000 euros, co obxectivo de arranxar a estrada de acceso a Cortellas. No momento no que tivo lugar a escorrentía, a nosa principal preocupación foi garantir a seguridade da veciñanza, e por iso nos puxemos nese mesmo momento a traballar para buscar a mellor solución. Foron varios meses de traballo cos técnicos e a enxeñería, e agora que o proxecto xa é unha realidade, agardamos que Augas de Galicia dea o visto bo definitivo canto antes para poder levar a cabo a obra e que o barrio de Cortellas volva á normalidade. Quero agradecer a paciencia e colaboración de toda a veciñanza do noso concello que habitualmente empregaba esta estrada e que moi pronto poderán volver facer uso dela con total normalidade”, concluíu Manu Lourenzo.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas