O ciclo de tres concertos, que veñen da man da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, comezará o vindeiro sábado con A Roda para celebrar o Patrón local, San Mamede
O Secretario Xeral da Lingua, Valentín García, achegouse esta mañá ata a Mos para presentar, acompañado da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, a concelleira da parroquia de Tameiga e deputada autonómica, Feli Rodríguez, e o edil da parroquia de Cela, Evaristo Ucha; e xunto con membros das directivas da Comisión de Festas de Torroso, Virxe das Neves, en Herville, e Asociación Cultural San Martín de Tameiga; para presentar os concertos que este verán subvencionará en Mos íntegramente a Xunta de Galicia, concretamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que serán:
o DIA 3 DE AGOSTO, Concerto de A RODA, con motivo das festas do Patrón de Mos, San Mamede, en Torroso.
o DIA 4 DE AGOSTO, Concerto de TREIXADURA, con motivo das festas da Virxe das Neves, en Herville.
o DÍA 14 DE SETEMBRO, Concerto de MALVELA, coa colaboración de UXÍA, en Costoias, Tameiga.
Todos terán entrada de balde e celebraranse ás 22h, agás o de Malvela coa colaboración de Uxía que será ás 20h.

