Nidia Arévalo expón, ante preto de 200 asistentes a un almorzo coloquio no Círculo de Empresarios, as graves consecuencias da A52 sobre o tecido empresarial da Área Metropolitana

adminON
Lectura mínima de 6

A alcaldesa de Mos e senadora por Pontevedra estivo acompañada polo presidente de AEMOS, Manuel Castro. Precisamente houbo unha gran representación do empresariado mosense entre os participantes no almorzo, xa que o proxecto da nova autovía supón graves afeccións directas ás empresas e ao emprego da localidade

Máis de 150 persoas participaron hoxe no almorzo coloquio celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, sobre “O IMPACTO DA NOVA A-52 NO TECIDO EMPRESARIAL DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO” con NIDIA ARÉVALO, Alcaldesa de Mos, senadora por Pontevedra e Portavoz Adxunta no Senado, como convidada especial. Arévalo estivo acompañada polo presidente da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, Manuel Castro, e foi presentada pola presidenta do Círculo, María Borrás.

Entre os máis de 150 asistentes estiveron presentes relevantes cargos da patronal como Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Ramón Alonso, vicepresidente de AEMOS e presidente de ASETRANSPO (Asociación de Trasportistas de Pontevedra), entre outros.

Na súa intervención Nidia Arévalo fixo un repaso polos 20 anos de loita que desde Mos se leva facendo contra a imposición desta infraestrutura para logo centrarse concretamente na afección que a nova A52 suporá concretamente ao tecido industrial, empresarial e comercial de Mos.

Ademáis a alcaldesa mosense puntualizou que “o proxecto non só é malo para Mos e para a Bembrive; senón que tamén é malo para Vigo porque non se integra nunha concepción global da rede arterial da área urbana de Vigo, xa que se basea nun estudo informativo do ano 2003, polo que ten unha visión de futuro nula”, declarou. E insistiu a rexedora local mosense en que “non é unha alternativa válida para o transporte que necesitan as industrias e as empresas, xa que non da solución ao tráfico pesado que entra na Área Metropolitana de Vigo. E as empresas dos Polígonos de Salvaterra, Tui, Salceda e O Porriño, ademais das de Mos, non poderán utilizar esa nova autovía para ir nin ao Aeroporto, nin ao Porto de Vigo, nin á Zona Franca, nin aos Polígonos de Vigo (PTL, Balaídos e Bouzas), nin para ir aos Polígonos de Gondomar e Nigrán. É dicir, non está proxectada para as necesidades de transporte das empresas, que non precisan entrar ao centro de Vigo para nada”.

E é que cada día 50.000 vehículos se ven obrigados a utilizar a A55 para ir a traballar aos polígonos industriais da Área Metropolitana. Sen embargo, a nova proposta tampouco daría solución a esta densidade de tráfico xa que esta desviaría só parte do tráfico, exactamente 1/3 (20.000 vehículos) polo que seguiríase soportando unha Intensidade Media Diaria (IMD) de tráfico de máis de 30.000 vehículos diarios na A55. Polo tanto a nova A52 non serviría de nada, tal e como lamenta Nidia Arévalo. Polo tanto a A55 seguirá sendo a autovía española que rexistra un maior número de accidentes.

Arévalo lembrou que os culpables desta garrafal A55 foron Abel Caballero como Ministro de Transportes entre os anos 85 e 88 do século pasado, e o seu naquel entonces Subsecretario de Transportes, Emilio Pérez Touriño. A Caballero afeoulle a alcaldesa de Mos que “non sabe atender as necesidades da industria de Vigo, nin dos empresarios, só lle interesa o casco urbano”.

Nidia Arévalo insistiu en que “sabemos que ser a porta de Vigo leva afeccións, xa que en Mos temos xa 12 millóns de m2 afectados por infraestruturas construídas estratexicamente para Vigo; pero os empresarios de Mos tamén contan, as empresas que están instaladas nos Polígonos Industriais de Mos, tamén contan, e eu vou defendelas e continuar coa loita que manteño dende fai 20 anos contra este despropósito da A52”.

Concluiu a alcaldesa e senadora reiterando unha vez máis a reclamación da “gratuidade do tramo Puxeiros-O Porriño da Autopista AP9 que está infrautilizado, como solución inmediata, menos custosa e máis eficiente á A55”. “Esiximos que se libere a peaxe e que se faga un estudo sobre a súa efectividade no tráfico; aínda que sexa cunha “proba piloto” temporal”.

Arévalo detallou as graves afeccións directas ás empresas e ao emprego mosenses

As graves e irreparables afeccións que implica este novo proxecto de Autovía para Mos e para o seu tecido industrial e empresarial son que non se resolven os accesos aos polígonos industriais existentes. Falta unha conexión ao parque empresarial Pemos Veigadaña. Non existen conexións ao solo urbanizable industrial do Cebral que linda coa Veigadaña. Falta de solucións a áreas insdustriais e empresas nas zonas do Rebullón, Puxeiros e Monte Faquiña. Afeccións directas a 5 solos urbanizables. Os enlaces propostos non resolven o tráfico pesado. Estas afeccións supoñen deixar de desenvolver máis dun 10% do total dos solos urbanizables do PXOM de Mos. Inmenso cambio de clasificación de solos urbanizables que pasan a ser solos rústicos de protección de infraestruturas. Nos solos urbanos consolidados pérdense 40.000 m2 de edificabilidade, coa demolición de 9 naves industriais e a perda de máis de 250 postos de traballo. E nos solos urbanizables pérdense máis de 50.000 m2 de edificabilidade e máis de 600 postos de traballo.

Comparte este artigo