Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Poio “Non renunciamos á patria galega”: O BNG celebra un acto público co...

“Non renunciamos á patria galega”: O BNG celebra un acto público co gallo do Día da Patria en Poio

- Anuncio -

Guillerme Vázquez, ex-Portavoz Nacional do BNG participa deste acto previo ao Día da Patria acompañado da portavoz municipal Marga Caldas e a militante de Galiza Nova Irea Ferreiro.

Este xoves 18 de Xullo preto dun cento de persoas participaron en Poio  do acto político co gallo do día da Patria Galega organizado polo BNG. Marga Caldas, portavoz municipal no concello de Poio, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes, destacando a importancia deste día para todos os galegos e galegas comprometidos coa defensa dos dereitos e a identidade do noso país.

A primeira intervención correu a cargo de Irea Ferreiro, integrante da organización xuvenil Galiza Nova, quen subliñou a necesidade do nacionalismo nun momento tan crítico como o actual, facendo fincapé na situación da mocidade galega. “A mocidade precisa referentes e un futuro no que poder vivir e traballar con dignidade na súa propia terra,” afirmou Ferreiro, quen denunciou a falta de oportunidades e o éxodo xuvenil. Tamén fixo referencia á traxectoria do nacionalismo e a todas as loitas que encabezou. “A celebración do Día da Patria tamén é un exemplo de loita deste pobo, pois mesmo xa despois da ditadura franquista, seguíasenos negando o dereito a manifestar a nosa identidade como galegos e galegas, a nosa vontade de ser un pobo en pé de igualdade cos demais do mundo”, subliñou.

A continuación, Guillerme Vázquez, ex portavoz nacional do BNG  e histórico dirixente do nacionalismo, realizou unha defensa do dereito de autodeterminación para Galiza, afirmando con contundencia que “Galiza é unha nación”. Vázquez exemplificou a discriminación que sofre o noso país mencionando o rescate das autoestradas AP-7 e as radiais madrileñas, mentres que os galegos seguimos a pagar un prezo excesivo por circular pola AP-9. Tamén fixo referencia á invasión eólica que está a padecer o noso territorio, denunciando que os beneficios non reverten na nosa poboación, afondando así na nosa relación colonial con España. Por todos estes motivos, Vázquez afirmou que “o nacionalismo é máis necesario que nunca” e proclamou con firmeza que “non renunciamos á patria galega”, pois é a única vía para acabar coa discriminación que sufrimos por ser galegos e galegas dentro deste estado.

O acto rematou co canto do himno nacional e coa actuación musical a cargo da Agrupación Cultural Penaguda.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas