Home Pontevedra Caldas Luís Bará asegura en Vilagarcía que “o BNG será o goberno do...

Luís Bará asegura en Vilagarcía que “o BNG será o goberno do pequeno comercio”

- Anuncio -

O cabeza de lista, de xira pola provincia, anuncia medidas restritivas para a implantación, horarios e rebaixas ás grandes superficies

En Pontecesures afirma que o Bloque dende a Xunta “será aliado dos concellos”, ante a demanda de axuda para ampliar o polideportivo, a cuberta do CPI e un centro social-auditorio

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra Luís Bará parou hoxe en Vilagarcía e Pontecesures na súa xira por todas as comarcas da provincia nun dos actos iniciais da precampaña cara ao 18F. Acompañado de cargos institucionais e orgánicos da agrupación falou da necesidade de apoiar aos concellos nos seus equipamentos deportivos, sociais e culturais, e tamén do apoio ao comercio de proximidade.

Cumprindo a estratexia de que esta será unha campaña ilusionante, mobilizadora e moi activa, na que se traballará voto a voto porta a porta facendo ver que hai unha oportunidade única para facer pasar ao PP á oposición, o nacionalista organizou un percorrido de 300 quilómetros que incluíu paradas en Lalín, A Estrada, Pontecesures, Vilagarcía, Pontevedra, Bueu, Vilaboa, Vigo, Tomiño e Mondariz Balneario.

Xa no Salnés, a parada foi en Vilagarcía para facer unha chamada en favor do mediano e pequeno comercio fronte á falta de apoios da Xunta do PP ás empresas de proximidade, que, ao entender de Bará sofren ante a competencia de grandes superficies que aproveitan a liberdade de horarios de apertura e dos períodos de rebaixas.
“Nós seremos o goberno do pequeno comercio fronte ao PP, que é o goberno das grandes superficies”, subliñou na súa visita a unha zapataría da vila. Destacou que no futuro goberno da Xunta, a partir do 18 de febreiro, o Bloque impulsará medidas restritivas a grandes superficies e comercio a grande escala sobre implantación, horarios e rebaixas para protexer e blindar o comercio pequeno.

“Hai que poñer en valor que o comercio local crea riqueza e emprego no próximo, e que acada a dinamización dos tecidos e dos centros urbanos. Non hai nada peor que ver unha rúa cos baixos abandonados, algo resultado das políticas en contra do comercio local”, insistiu. Así mesmo, subliñou o necesario esforzo de dixitalización e actualización do pequeno empresariado “porque ten que ser un aliado para poder competir na utilización das redes”, e insistiu no fomento do asociacionismo das zonas urbanas, prazas de abastos e outros elementos centralizadores.

Bará estivo acompañado da tamén candidata Montse Prado, do voceiro municipal e doutros cargos orgánicos da organización nacionalista, que mañá presentará a súa candidatura oficialmente na comarca.

Antes de chegar a Vilagarcía o candidato estivo en Pontecesures, onde foi recibido pola alcaldesa Maite Tocino. Alí, nunha contorna de equipamentos educativos, deportivos, sociais e culturais, Bará destacou que o BNG na Xunta será un aliado dos concellos para poder desenvolver as súas necesidades, respondendo así á petición da rexedora nacionalista.
Esta salientou que Pontecesures está á espera de axuda da Xunta para poder ampliar o polideportivo, que actualmente queda pequeno para o uso dos clubes, o CPI, as escolas deportivas municipais e outras actividades. Sinalou que hai un proxecto e necesidade de financiamento dos dous millóns de euros nos que está valorada a obra, sen que haxa movementos por parte do actual goberno galego para colaborar.

Tamén mencionou Tocino a necesidade dunha cuberta para o patio do CPI para que poida ser utilizado no inverno, así como o vital apoio para a construción dun novo centro sociocultural e auditorio, xa que Pontecesures é o único concello da comarca no que non hai un equipamento destas características. “Queremos desenvolver unha programación cultural atractiva, e dar resposta tamén ao noso tecido asociativo, que é moi amplo”, destacou a rexedora, que insistiu en que nestes momento non hai espazos de uso para estas iniciativas.
Bará destacou que o BNG con Ana Pontón á fronte propón solucións para Galiza e as preocupacións e necesidades da xente, polo que pediu o apoio da cidadanía para un cambio para acadar a “mellor Galiza”. Insistiu en que estas son as eleccións máis abertas en 14 anos e que o futuro goberno da Xunta decidirase por poucos votos, polo que chamou a concentrar no Bloque esa “corrente de cambio imparable” que se detecta na rúa.

“Ana Pontón é a candidata de todas as persoas que queren cambio, desa maioría plural e diversa”, subliñou, asegurando que o BNG é a forza máis útil para as galegas e os galegos e así o ten demostrado en todas as administracións nas que está presente. “Este é o momento do cambio. É o momento en Galiza porque podemos gañar ao Partido Popular se todas as persoas que queren cambio collen a papeleta do BNG, se non se perde nin un só voto”, insistiu.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas