O agility, protagonista na Feira Internacional de Galicia ABANCA co seminario dos recoñecidos profesionais Joanna Michalska e Óscar Morales

adminON
Lectura mínima de 3

• ESTOS DOUS AGILITISTAS INTERNACIONAIS ENSINAN HOXE E MAÑÁ A UNHA VINTENA DE AFECCIONADOS A ESTE DEPORTE CANINO A CREAR UN BO VÍNCULO CO CAN, A CONSTRUÍR UNHAS BOAS BASES DO XOGO OU CONDUCIÓN EN PISTA, ADEMAIS DOUTROS ASPECTOS

• ESTA CITA ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN GALICIAN AGILITY FESTIVAL, A CAL TEN COMO BASE PARA AS SÚAS ACTIVIDADES O RECINTO FEIRAL

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle durante o día de hoxe e tamén mañá un seminario sobre agility ao que acoden desde distintos puntos de Galicia unha vintena de afeccionados a este deporte canino.

Esta acción formativa, organizada pola asociación Galician Agility Festival, conta como formadores con dous reputados agilitistas internacionais. Son a polaca Joanna Michalska e o español Óscar Morales, ambos participantes en numerosas ocasións en finais internacionais e con gran recoñecemento neste deporte.

Hoxe en horario de 10.00h a 18.30h e mañá dende as 10.00h ás 17.00h, estes agilitistas ensinan aos participantes, entre outros aspectos, a crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista.

Este seminario é o cuarto organizado pola asociación, a cal xa contou con outros recoñecidos profesionais para as súas actividades formativas, como Verónica Odone, campioa do mundo 2023 que xa estivo en tres ocasiones, o campión de España Axular Casado ou o subcampión do mundo por equipos Álex Sequeiros. O próximo mes de maio será o actual campión do mundo, Adrián Bajo, quen oriente a todos os participantes.

Uns relatores que reflicten o gran nivel dos seminarios organizador por Galician Agility Festival, unha asociación que nace ante a gran afección polo agility na Comunidade e o interese pola formación neste deporte canino, e cuxo obxectivo é dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional, para o que escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades. Unha elección na que foron determinantes tanto as súas instalacións como a súa localización no centro de Galicia, resultando segundo este colectivo “unha contorna incrible para a práctica do agility”

Importantes eventos en 2025

Tanto os seminarios previos como o que se está levando a cabo esta fin de semana no recinto, son soamente o comezo dunha intensa actividade da Galician Agility Festival, pois xa planea outros talleres para o vindeiro ano, ademais dun gran evento internacional que nestes momentos están a perfilar.

Comparte este artigo