O alcalde, César Gil, a concelleira Rosa Alcalde e a escritora Elena Comesaña presentaron o I FESTIVAL LITERARIO de Mondariz Balneario, que este ano estará adicado a Ramón Cabanillas.
Será os días 8 e 9 de Novembro en diferentes localizacións de Mondariz Balneario e terá diferentes actividades para todo tipo de público e idades.
A figura de Ramón Cabanillas será a protagonista nesta primeira edición pola súa pegada e historia na vila termal, na que tamén foi concelleiro.
O Venres dará comezo o festival co presenza do Alcalde de Cambados e a neta de Ramón Cabanillas, seguidamente Bieito Ledo dará unha conferencia sobre a figura do escritor.
O sábado pola mañá Anxo Raxó impartirá un taller literario xuvenil, e logo chegarán as presentacións das novelas “ A historia de Sara” e “Xoán, Xoana” do autor Francisco Castro.
Xa pola tarde será o turno dunha mesa de escritores para falar da figura de Ramón Cabanillas e posterior lectura dos seus textos. A continuación Xaime Fandiño falará sobre o Edadismo e presentará a súa novela “El último concierto”. E para por o broche final ao festival actuará Paula Meda.
En palabras do Alcalde, César Gil, “ Este Festival nace coa intención de recuperar ese espazo especial que era Mondariz Balneario para todos eses escritores, pensadores e artistas. E que mellor que dedicarllo nesta primeira edición a Ramón Cabanillas, que foi un dos grandes escritores que pasou por Mondariz Balneario”
Elena Comesaña di “Sentirse agradecida ao Concello por darlle a oportunidade de organizar este Festival nun lugar tan importante e con tanta historia, será un fin de semana completo de actividades interesantisimas nas que calquer persoa e os amantes da lectura podrán disfrutar en Mondariz Balneario.