HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita o novo bar D&G situado na antiga...

O alcalde da Guarda visita o novo bar D&G situado na antiga parada de bus

- Anuncio -spot_img
  • O local tamén conta cunha pequena carta de comida italiana

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

Un dos novos establecementos deste 2026 é D&G Itanic, un bar de tapas en pleno centro da Guarda, xa que se localiza na praza de Avelino Vicente, na antiga parada de bus.

Á fronte atópanse Dennis Moreno e Giuseppe Ragusa, de Nicaragua e de Bolonia (Italia) respectivamente. Ambos decidiron deixar atrás a cidade de Barcelona para apostar pola nosa vila.

Roberto Carrero deulles á benvida á hostalería guardesa e cree que son “un exemplo de como a nosa vila namora a quen a visita, tanto como para apostar por ela cun negocio propio”, ademais, resaltou que foron “capaces de dar vida a un local que moitos pensaban que xa non se usaría xamais”

Denis confesou que están con moitas ganas neste negocio e que el viu “un punto para a vila, que podiamos aportar”. D&G ofrece unha carta de pratos fríos e de pasta italiana, así como de servizo de cafetería.

Segundo Denis e Giuseppe buscan aportar un produto de calidade, con pratos, tapas e bollería caseira e, polo momento, “quen vén, volve”.

Publicacións Relacionadas