O alcalde de Nigrán reúnese coa presidenta das Anpas do Val Miñor

adminON
Lectura mínima de 1

As representantes das asociacións de nais e pais pediron este encontro para coñecer de primeira man as diferentes iniciativas do Concello en materia de educación

O alcalde de Nigrán e a concelleira de Educación, Juan González e Estela Pérez, reuníronse no Concello coa presidenta da Federación de Anpas do Val Miñor (FAVALMI), Matilde Sanromán, e Bertila Fernández, ‘viguesa distinguida’ no ano 2012 pola súa labora ao fronte de FOANPAS, entidade na que segue participando activamente. As representantes das asociacións de nais e pais pediron este encontro para coñecer de primeira man os proxectos de bosques-escola do Concello de Nigrán nos colexios de Camos e Vilariño, a nova axuda de 50 € por cada alumnado matriculado en Primaria ou ESO ou o funcionamento da cociña do CEIP Humberto Juanes construída polo Concello co fin de dar servizo a todos os centros escolares do municipio. “É un orgullo que se interesen pola nosa labor para plantexala noutros colexios, ser exemplo de apoio á ensinanza pública é algo que nos da moita satisfacción”, recoñece o rexedor.

Comparte este artigo