Home Vigo Nigrán O arlequin viral Karcocha apadriña O Parque Forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ do...

O arlequin viral Karcocha apadriña O Parque Forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ do concello de Nigrán plantando unha araucaria e unha autóctona galega

- Anuncio -

O artista chileno acudíu pola tarde á xornada de reforestación e cultivo de shiitake no ‘Miradoiro das Señoras’, na confluencia das parroquias de Camos e Chandebrito

Preto de 50 voluntarios remataron de reforestar esta zona e inocularon shiitake en tocóns de eucalipto para evitar o seu rebrote

“Estamos moi agradecidos pola difusión que lle dará a este proxecto medioambiental que naceu da man do Concello e as comunidades de Montes de Chandebrito tras os incendios de 2017”, sinala o alcalde

O parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ do Concello de Nigrán ten desde o domingo un padriño de excepción: Karcocha, nome artístico do que é o arlequín máis famoso do mundo con máis de 2 millóns de seguidores en redes sociais.

O artista chileno Gerardo Castro, que ofreceu o seu inconfundible ‘street art’ onte pola tarde en Praia América ante milleiros de persoas, visitou xusto antes disto e de improviso o corazón do parque forestal ‘Os Matos Río-Táboas’ para apadriñalo. Alí, na zona do ‘Miradoiro das Señoras’, na intersección entre as parroquias de Camos e Chandebrito, plantou unha araucaria (árbore típica chilena) e unha especie autóctona galega acompañado polo alcalde de Nigrán, o presidente da Comunidad de Montes de Chandebrito, concelleiros, e parte do voluntariado que pola mañá estivo traballando na repoboación desta zona e no cultivo de shiitake en tocón de eucalipto para evitar o seu rebrote. Karcocha puxo deste xeito o broche de ouro a unha xornada na que o Concello, xunto á Comunidade de Montes de Chandebrito e o voluntariado, rematou a reforestación de preto de 2 hectáreas no corazón do parque con 700 árbores autóctonas (sobreiras, abeleiras, bidueiros, carballos e castiñeiros) onde antes había eucaliptos.

“Non podemos ter un padriño mellor para o parque. Estamos moi agradecidos pola difusión que lle dará a este proxecto medioambiental que naceu da man do Concello e as comunidades de Montes de Chandebrito tras os incendios de 2017. Agardamos poder recibilo aquí mesmo en dez anos, cando estas árbores sexan xa uns exemplares de gran porte que conformen un bosque atlántico”, sinala o alcalde, Juan González.

Parque Forestal

Este espazo natural, vertebrado pola fraga do río Táboas, ubícase en 42 hectáreas (420.000 m²) de terreo totalmente calcinadas nos incendios de 2017, 30 delas pertencen á Comunidade de Montes de Camos (parcelas de Castelo e As Chans) e 12 á de Chandebrito (As Rozadas) e foron cedidas ao consistorio con este fin. O obxectivo das tres entidades é crear un espazo de recreo libre e público, con valores naturais, culturais e paisaxísticos únicos que serán recuperados, conservados e promocionados, ademais deservir de barreira protectora fronte ao lume. O investimento total do Concello será de 400.000 € e os traballos os leva adiante a súa propia Brigada Medioambiental baixo a dirección técnica de ‘Landra’.

“Despois dos incendios, tanto dende o Concello como dende as dúas comunidades, quixemos por en valor este espazo e darlle unha función social; ademais, servirá de protección fronte ao lumes para os núcleos de poboación máis próximos”, resume o rexedor, Juan González.

O proxecto contempla nunha primeira fase a erradicación completa das especies invasoras (fundamentalmente eucaliptos e acacias) e a realización de plantacións autóctonas e, nunha segunda fase, á creación de espazos públicos, restauración dun muíño de auga, posta en valor dos petroglifos…

O grave incendio de 2017 asolou todo este terreo, tanto a masa arborada de eucaliptos con aproveitamento madereiro coma o bosque autóctono de ribeira e as pantacións de coníferas e frondosas. Actualmente o terreo presenta un rexenerado natural de piñeiros, eucaliptos, carballos e castiñeiros. O obxectivo é que, grazas á intervención humana, se recupere o bosque autóctono galego propio desta fraga, cun inmenso atractivo pola gran variedade e biodiversidade de especies vexetais e animais que o forman. Así, todos os traballos iríán destinados a restaurar a cuberta arbórea a manter asó o seu microclima húmido.

O parque forestal contempla medidas naturais de prevención e defensa contra os incendios (faixas de xestión da biomasa); de posta en valor dos elementos patrimoniais e culturais (protección dos xacementos, fundamentalmente petroglifos; ou restauración do coñecido como ‘Muíño do medio de Táboas); medidas de posta en valor dos elementos sociais e de uso público contemplando a accesibilidade para todos (creación dunha área recreativa en O Serradouro e As Rozadas, a pimeira delas inclúe zona de aparcamento); acondicionamento do miradoiro de O Castelo ou creación dunha ruta de subida ao mesmo; medidas de sinalización, promoción e interpretación dos valores do parque forestal (paneis, pictogramas, sinalizacións, códigos QR…)

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas