Home Pontevedra O Salnés O BNG alerta dun novo sablazo para o peto dos vilargaciáns coa...

O BNG alerta dun novo sablazo para o peto dos vilargaciáns coa suba do canon de Sogama

- Anuncio -

O BNG de Vilagarcía rexeita de plano a proposta de suba do canon de SOGAMA, remitida á FEGAMP, que afectará a 118 concellos, por tratarse dunha decisión arbitraria, contraditoria e de dubidosa legalidade, rexeitamento que levará ao Pleno municipal de Agosto.

Trátase do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros e a incineración e coincineración de residuos, un tributo indirecto de carácter estatal que recae sobre os residuos que se procesan nas diferentes CC.AA. e cuxa recadación foi transferida a Galiza.

Este ano 2024 produciuse unha situación excepcional, ao non ter determinado a Xunta de Galiza, nos seus orzamentos, o prezo por Tm a aboar polos concellos nin publicado a proposta de canon unitario que percibirá SOGAMA pola xestión de residuos domésticos ou urbanos do ano en que estamos. Con Xullo rematado, o anuncio finalmente publicado es semana no DOG dunha proposta de 78 €/ Tm de media (68,05 € polo período Xan-Xuñ e 88,05 € Xull-Dec) supón un sablazo para as arcas municipais que a Xunta pretende maquillar detraendo dos propios cartos dos concellos (Fondo de Cooperación Local) 12,1 millóns de €.

Con este aumento do canon de tratamento de residuos quérese facer pagar aos cidadáns o fracaso do sistema e a mala xestión da Xunta do Partido Popular, que apostou por un modelo obsoleto, centralizado e antiecolóxico, situando a Galiza na cola da reciclaxe, lonxe aínda de cumprir cos criterios que marca a Unión Europea. Este sistema, baseado na incineración e o deposito en vertedoiro, penalizado pola normativa europea e pola nova lei estatal de residuos, vén de crear unha especie de tormenta perfecta  que produciu un furado de 21,9 millóns de euros nas contas de SOGAMA de 2023,debido ao descenso dos ingresos que percibía pola produción de electricidade mediante a incineración e polo pagamento do imposto anteriormente mencionado, que agora se pretende solucionar con esta suba do canon.

O BNG considera que esta medida é arbitraria e contraditoria porque se lle vai aplicar a concellos que tiñan unha bonificación do 15% do recibo do lixo ao levar a cabo medidas positivas na recollida separada dos biorresiduos. E de dubidosa legalidade porque non se pode facer se non se modifica a lei pola que se aprobara esa bonificación.

Todo parece indicar que o recibo de SOGAMA seguirá subindo obrigando a concellos como o de Vilagarcía a aprobar a modificación das ordenanzas fiscais polas que as novas taxas repercutirán nos recibos que paguen os veciños o próximo ano.

Pola contra o BNG defende que a Xunta devolva aos concellos eses 12,1 millóns de euros do Fondo Adicional, utilizando como criterio de reparto o número de TM depositadas por cada municipio e que estes os podan empregar nas bonificacións do canon, de maneira que quen teña feito os deberes en materia de compostaxe e recoclaxe.

Á vez, entendemos que é preciso un cambio de modelo baseado na xestión de proximidade dos biorresiduos, como é o caso da compostaxe domiciliaria e comunitarias-; a separación, reutilización e reciclaxe, de xeito mancomunado ou coa colaboración das deputacións.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas