O BNG de Poio denuncia que a empresa Valoriza leva un ano incumprindo o contrato do lixo

adminON
Lectura mínima de 3

“O PP minte á veciñanza de Poio. Nun ano de goberno non baixou o recibo do lixo, mentiu  sobre as irregularidades do servizo, e permite que a empresa adxudicataria non repoña o  material necesario para prestar o servizo correctamente” afirman desde a formación  nacionalista. 

O BNG de Poio fixo público o prego de condicións correspondente ao servizo de recollida de lixo de Poio que presta Valoriza, así como aos compromisos adquiridos pola mercantil  adxudicataria na súa oferta. 

Para o BNG hai conclusións que, segundo os nacionalistas, demostran “que o tempo, ao final  veu darnos a razón” posto que o PP “nun ano de goberno e co prego de condicións incumpríndose, dende xuño do 2023, pola adxudicataria do lixo, non fixo nin un só trámite ante as numerosas deficiencias e irregularidades que eles mesmo denunciaban  da empresa do servizo do lixo”. 

O prego de condicións técnicas destaca no seu artigo 15: 

“Os licitadores nas súas ofertas indicarán o material móbil a utilizar nos diferentes servizos,  expresando con claridade o que se entende por material necesario para a correcta prestación dos  servizos e material de reserva, é dicir, aquel que non estando ordinariamente en servizo se incluirá  co fin de suplir aos de servizo por causa de avaría ou reforzo ocasional.  

Os licitadores deberán planificar os medios materiais a utilizar durante a vida do contrato sen ter  en conta posibles ampliacións.  

O material móbil a utilizar será o máis axeitado ás características do servizo e ás necesidades  do Concello e se renovará no período máximo de 8 anos, dende o inicio da concesión.” 

O documento advirte que, 8 anos despois da adxudicación do contrato, quedan investimentos pendentes, como a obriga da empresa que “debe procederse á  implantación inmediata de todo o que comprometeu na súa oferta”. Tal e como se recolle  no prego: O material móbil a utilizar será o máis axeitado ás características do servizo e ás  necesidades do Concello e se renovará no período máximo de 8 anos, dende o inicio da  concesión”

Esta cláusula leva un ano de incumprimento, dado que o contrato fixo 8 anos o pasado xuño  de 2023 sen que a día de hoxe o goberno de Ángel Moldes fixera unha soa actuación por  reverter esta situación. Dende o BNG consideran que o PP mentiu á veciñanza de Poio “porque nun ano de goberno  non baixou o recibo do lixo“, mentiu sobre as irregularidades do servizo, e agora que leva  un ano no goberno consinte que a empresa concesionaria non repoña o mobiliario ao que se  comprometeu por contrato é que ten que realizarse canto antes dado que xa esta incumprindo  o prego ” e esixe “explicacións inmediatas” ao Goberno local.

Comparte este artigo