HomePontevedraO SalnésO BNG de Sanxenxo critica a cortina de fume de Telmo Martín...

O BNG de Sanxenxo critica a cortina de fume de Telmo Martín para tapar a ausencia de vivenda pública na vila, da cal o único responsable é o alcalde 

- Anuncio -spot_img

Os nacionalistas lembran que foi a política especulativa e de formigón do alcalde, centrada na construción de segundas residencias, a que forzou a un gran número de mozos e mozas de Sanxenxo a ter que marchar do seu concello 

Desde o Bloque teñen claro que o anuncio dun rexistro de vivenda pública é un ‘deja vu’ co que o alcalde “non vai conseguir enganar de novo á veciñanza”, como xa fixo coa creación de Ínsula en 2006, unha entidade pública que costou miles de euros e que estivo dez anos sen ningún tipo de actividade 

O grupo municipal do Bloque  Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo insta a Telmo Martín a que non trate de enganar á veciñanza coa súa nova cortina de fume sobre  vivenda pública. A anunciada creación dun rexistro para coñecer,  supostamente, a demanda real deste tipo de vivendas é, en realidade,  un ‘deja vu’ que non fai máis que deixar patente unha obviedade: o Partido Popular leva décadas sen construír unha soa edificación destas características en Sanxenxo. 

O grupo nacionalista fai fincapé no irónico que resulta que o señor  Martín, que é o principal responsable de que na actualidade practicamente non existan residencias para todo o ano no concello con prezos asumibles, como consecuencia da súa política urbanística baseada no formigón e na especulación, fale de impulsar este tipo de actuacións. “Pedísmolle a Telmo Martín que non engane nin confunda á  cidadanía, porque o que está claro é que xa se atopa en campaña  electoral, prometendo vivenda pública cando durante 20 anos non se  preocupou o máis mínimo por dar resposta a esta demanda, nin el nin a Xunta de Galicia do Partido Popular”, sinala o Bloque. Neste sentido, hai  que lembrar que foi o propio Telmo Martín quen creou a entidade  pública Ínsula Sanxenxo, supostamente para impulsar vivendas para  xente moza, aproveitando o 10% de cada desenvolvemento urbanístico  que consta no PXOM. “Gastáronse miles de euros na creación dunha  entidade que impulsou cero vivendas e que permaneceu sen actividade  dez anos, ata que no 2016 o Goberno do tripartito a utilizou para  xestionar a Feira Multisectorial de Portonovo”, lembran desde o BNG.  Os nacionalistas tamén recordan que no seu día a Xunta de Galicia xa  abriu un rexistro un rexistro sobre vivenda pública que non serviu para  nada. “Houbo xente que pagou cartos para algo que nunca se fixo  realidade”, sinala o voceiro do BNG, Fran Leiro. O grupo da oposición  responsabiliza a Telmo Martín e á súa política especulativa do contexto  actual, no que “resulta pouco menos que imposible atopar unha  vivenda para todo o ano en Sanxenxo, o que obrigou a que nos últimos  20 anos un gran número de mozos e mozas que naceron aquí tivesen  que marchar a outros concellos, ante a falta de oferta pública, xa que  todo o que se constrúe se destina a segundas vivendas. Ese é o legado  da política de cemento do alcalde”, inciden desde o Bloque. 

Por último, o BNG tamén recorda que a construción de vivenda pública  é unha competencia da Xunta de Galicia, polo que un hipotético  desenvolvemento deste tipo de construcións “non pode ser asumido  polos veciños e veciñas de Sanxenxo, algo que xa aconteceu coas  garderías municipais e co Centro de Día, que está a pagar o Concello  cando debería facelo a Administración autonómica, no que é unha  proba máis da incapacidade de xestión do señor Martín”.

Publicacións Relacionadas