Home Pontevedra O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que...

O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que está a tramar Caballero ás agachadas?”

- Anuncio -

A fronte nacionalista cuestiona a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan para explicar as modificacións dende a súa aprobación provisional

Lamenta que millares de alegacións veciñais continúen aínda na “absoluta incerteza”

Xabier P. Igrexas: “Todo é escuridade para facilitar os poderosos intereses dos de sempre”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a continua opacidade co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. A fronte nacionalista volve afear a falla de explicacións do Goberno local a respecto da tramitación do documento, á espera de aprobación definitiva, e das millares de alegacións veciñais formuladas.

“Escúsanse en que inda están pendentes algúns informes sectoriais, mais ese feito non xustifica en ningún caso a falla de transparencia e de información sobre un documento que vai deseñar o futuro da nosa cidade nos vindeiros 15 anos”, lamentou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, tras interpelar á concelleira de Urbanismo na Xerencia celebrada este martes.

Igrexas criticou nese sentido a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan Xeral, como leva meses demandando o Bloque, para explicar as modificacións no documento dende a súa aprobación provisional. Nin tampouco, afeou o voceiro nacionalista, para rematar coa “absoluta incerteza” de miles de veciñas e veciños que formularon alegacións ao planeamento urbanístico. Entre elas, destacou o voceiro do Bloque, actuacións “tan negativas” como a imposición do trazado de dúas vías de alta capacidade, a PO-010 e a nova autovía, que ameazan con tronzar as parroquias rurais.

O portavoz municipal do BNG tachou de “inaceptábel” que se coñeza máis información sobre o novo Plan Xeral a través dos medios de comunicación que por boca dos seus responsábeis técnicos e políticos. “O Goberno de Caballero reduce a un papel ornamental, de convidado de pedra, ao propio Consello da Xerencia de Urbanismo vulnerando o papel que legalmente lle corresponde xogar a este organismo”, afeou Igrexas, lamentando ademais que se desmantelara o Consello Sectorial de Urbanismo onde estaban representados o movemento veciñal, sindical e axentes urbanísticos.

Récord de opacidade

“A pregunta que nos facemos é que están a tramar ás agachadas no novo PXOM? Por que non queren que o conxunto da Corporación municipal coñezamos en que punto está o novo Plan? Que é o que non queren que saiban a viguesas e vigueses?”, cuestionou o portavoz municipal do Bloque.

Unha opacidade que, a xuízo das nacionalista, bateu todos os récords na elaboración dun plan urbanístico na cidade. “Todo é escuridade para seguir facilitando os poderosos intereses dos de sempre”, remachou Igrexas. 

Relacionadas

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Luis López salienta o “compromiso constante” coa mellora da rede viaria provincial: 1,3M€ para...

0
O presidente provincial presenta o proxecto para a reposición do firme e mellora dos servizos para un treito de 5,5 quilómetros entre as localidades...

O Rosal abre as portas á memoria coa exposición ‘Voces e raíces’

0
A mostra, posta en marcha polas estudantes de Belas Artes Sara Cividanes, Yaiza Vila e Nayade Castro, inaugurarase este sábado 11 no salón de...

Publicacións Relacionadas