O BNG denuncia a falta de transparencia do goberno municipal estradense

adminON
Lectura mínima de 2

O BNG da Estrada denuncia a falta de transparencia que promove o goberno local do PP no concello da Estrada ao estar dilatando a información que se lle solicita inclusive durante meses. Esto que fai que a oposición non poida traballar propiamente e realizar así a súa labor de fiscalización e supervisión como corresponde ou propor iniciativas para solventar problemas que acarrean consecuencias para os veciños e veciñas.

Dende o BNG denuncian que levan meses agardando polos datos da situación actual da SAF como as listas de agarda, as listas de demanda do servizo ou outras problemáticas na implementación deste servizo. Peticións como as de facturas emitidas á unha empresa da familia dun concelleiro do PP ou no seu momento os gastos detallados das festas locais, aínda hoxe sen especificar con propiedade. Admáis o partido nacionalista faise eco da denuncia dos veciños afectados polo parque eólico de Vea cuxo expediente completo se lles negou ao solicitalo, algo que preocupa moito ao BNG pois nos orzamentos presentados para 2024 aparecen recollidos ingresos que supón a implantación desta poligonal.

A falta de transparencia que caracteriza a este goberno mostra unha falta de respecto non só ao BNG e partidos da oposición así como aos seus votantes, senón especialmente ao exercicio lexítimo de exercer a política municipal.

Comparte este artigo