Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O BNG denuncia o abandono das parcelas municipais e esixe accións inmediatas

O BNG denuncia o abandono das parcelas municipais e esixe accións inmediatas

- Anuncio -

Tino Iglesias manifestou que “a día de hoxe, esta parcela municipal atópase chea de maleza e entullos de obra, chegando a aparecer ratas e serpes”. Iglesias advertiu que “esta falta de acción por parte do goberno incrementa o risco de incendios “

No pleno celebrado este mes de agosto, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) instou ao grupo de goberno do Concello de Marín a cumprir coa Ordenanza de Protección Medio Ambiental, en particular no que respecta á limpeza de solares e edificacións de titularidade municipal.

Esta solicitude nace dunha queixa veciñal recibida no buzón cidadán do BNG Marín (bngmarinescoita@gmail.com), un canle de comunicación aberto coa veciñanza, onde se poden trasladar suxerencias, comentarios ou queixas coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos e das marinenses.

Os veciños e veciñas da barriada Virxe do Porto, en Marín (A Cañota), manifestaron a súa preocupación pola contraditoria actuación do Concello. Se ben a administración local leva meses lembrando aos propietarios de parcelas a obrigatoriedade de xestionar a biomasa nas súas propiedades, o que inclúe a limpeza, desbroce e retirada de especies arbóreas, denuncian que o propio Concello non está aplicando estas mesmas medidas nas parcelas de titularidade municipal, como é o caso das instalacións da Sacoa.

Segundo Tino Iglesias, concelleiro do BNG, “a día de hoxe, esta parcela municipal atópase chea de maleza e entullos de obra, chegando a aparecer ratas”. Iglesias advertiu que “esta falta de acción por parte do goberno local incrementa o risco de incendios e supón un perigo para os inmobles próximos”.

Esta situación non se limita só ás instalacións da Sacoa. Outro exemplo similar de falta de limpeza pode atoparse na parcela do antigo matadoiro de Bagüín, en Mogor. Estas problemáticas súmanse ás queixas diarias da veciñanza sobre o estado dos colectores e a sucidade tanto no casco urbano como nas parroquias de Marín. A veciñanza está cansa de manifestar as súas queixas ante esta situación de abandono, que parece non ter fin.

O BNG de Marín solicita unha resposta inmediata do Concello para que se adopten as medidas necesarias que garantan a limpeza e mantemento adecuado das parcelas municipais, reducindo así os riscos e mellorando a calidade de vida dos e das veciñas de Marín.

Relacionadas

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

0
Neste curso de balde achegaranse ao mundo da programación desenvolvendo videoxogos deportivos. Será o sábado 21 de setembro na Aula CeMIT TA paixón polos videoxogos...

A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso 2024/2025

0
As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición a través da web do...

A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel da provincia...

0
A institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións, que se poden solicitar ata o martes 17 de setembro, nun 10%...

O Concello acolle un novo seminario deste programa da Universidade de Vigo que busca...

0
O Rosal estrea curso lectivo cunha nova sesión das Mareas de Coñecemento, un proxecto da Universidade de Vigo que busca achegar o saber científico,...

Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada de Carrilanas...

0
O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios A proba terá...

O GDR Terra e Auga presentará as novas estratexias LEADER

0
O GDR Terra e Auga convida a participar na xornada de presentación das novas estratexias LEADER que terá lugar na Casa da Xuventude das...

Publicacións Relacionadas