Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O BNG esixe a Ángel Rivas que medie para unha solución xusta...

O BNG esixe a Ángel Rivas que medie para unha solución xusta na folga de Parques e Xardíns ou dimita

- Anuncio -

A fronte nacionalista reclama unha rectificación das acusacións falsas realizadas polo concelleiro socialista: “Son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”

Acusa ao Goberno de Caballero de poñerse sempre do lado das grandes concesionarias en lugar de defender o interese público e os dereitos do persoal de servizos municipais

Xabier P. Igrexas: “Que faga un oco na súa axenda institucional de misas e procesións e dedique apenas uns minutos a escoitar ao persoal de mantemento de zonas verdes”

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, que medie para unha solución xusta na folga indefinida no servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo ou dimita se é incapaz de facelo. A fronte nacionalista responde así ás acusacións realizadas polo edil socialista, a quen lle reclaman unha rectificación das mesmas por responsabilizar con “falsidades” tanto ao persoal como ao propio Bloque da presenza de lixo e danos ao mobiliario urbano.

“As declaracións do señor Rivas son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”, censurou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen considerou as declaracións do concelleiro de Parques e Xardíns da “máxima gravidade” e por “faltarlle ao respecto á intelixencia das viguesas e dos vigueses pretendendo facer culpábel ao BNG de todos os problemas que crea a súa propia incapacidade na xestión”.

Igrexas esixiu ao edil que exerza as súas competencias lembrando que non moveu un só dedo para unha saída á folga neste servizo municipal da súa competencia, que cumpre este martes 8 xornadas. “Que faga un oco na súa apretada axenda institucional de misas e procesións, para as que sempre está disposto con verdadeiro entusiasmo e nas que supoño que lle lembrarán que mentir é pecado, e dedique apenas uns minutos do seu tempo a escoitar ao persoal e a mediar para lograr unha solución xusta”, ironizou

O portavoz municipal nacionalista lembrou que o BNG leva demandando dende o inicio que o Goberno local actúe para mediar coa UTE concesionaria diante do bloqueo da negociación colectiva. De feito, Igrexas mantivo un encontro coa representación sindical para atender as súas reivindicacións fronte á ameaza de que os seus salarios se vexan empobrecidos e perdan poder adquisitivo.

Caballero sempre do lado das grandes empresas

Na mesma liña, lamentou que o Goberno de Abel Caballero volva aliñarse cunha gran concesionaria cando se produce un conflito laboral nun servizo de titularidade municipal en lugar de defender o interese público e o dereito das traballadoras e traballadores, como ocorreu nos últimos anos no caso das folgas de Vitrasa, do servizo de limpeza de colexios ou na XER. “Para ser un Goberno que se di progresista, a súa xestión é un calco moi logrado do que fai o PP alí onde goberna”, afeou.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas