O BNG fai un chamamento a participar nas mobilizacións reivindicativas de hoxe

adminON
Lectura mínima de 1

8 M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O BNG de Baiona, como cada ano, participará de xeito activo na mobilización de hoxe en
A Ramallosa.

O Bloque Nacionalista Galego ten un compromiso indiscutible co feminismo e así o
demostra co traballo político tanto no goberno como na oposición e co traballo social
dentro e fóra das institucións.

Neste 8 de marzo somos moitas as organizacións que reivindicamos mais unha vez a
conmemoración do día internacional das mulleres traballadoras, un día para non esquecer
a loita diaria fronte a precariedade laboral e a loita de clases que aínda no ano 2024,
segue existindo.

Comparte este artigo