Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O BNG insta a Cubela a garantir que a fibra óptica chegue...

O BNG insta a Cubela a garantir que a fibra óptica chegue a todo o Concello

- Anuncio -

Malestar na veciñanza de Almofrei, a instalarse unha soa caixa con 16 enganches para 74 vivendas

“Contar cun bo servizo de fibra óptica que chegue a a toda a poboación é fundamental para un concello rural coma o noso, tanto polo que implica para os negocios como para o propio lecer do vecindario, e non é de recibo que estea tardando tanto. Estamos á cola da provincia”, afirmou o portavoz do BNG, Ernesto Filgueira.

Son moitos os lugares que a día de hoxe carecen dunha fibra que o alcalde prometera que estaría instalada e en funcionamento o pasado ano para o 100% da veciñanza. Lugares que urxen un servizo que a día de hoxe é imprescindíbel.

O pasado ano o señor Cubela asistíu a unha reunión veciñal en Almofrei, acompañado por unha comercial de Movistar, na que arredor de 60 veciños e veciñas fixeron a presolicitude para a colocación da fibra. Non obstante, a día de hoxe existe un certo malestar entre a veciñanza xa que para 74 casas só se instalou unha caixa con 16 enganches na entrada do lugar da Fontenova, mentres que, ao seu carón, no lugar de Vilanova, cunha poboación similar, instaláronse varias.
“Queremos saber a que se debe que só se instalasen 16 enganches para 74 casas, e instamos ao alcalde a que garantice a cobertura de fibro ao 100% das veciñas e veciños de Almofrei e de todos os lugares que aínda carecen do servizo de fibra”, concluíu Filgueira

Relacionadas

Fecap Abanca cumpre dez anos con novidades como un desfile de cans de caza,...

0
ESTE CERTAME DE CAZA, PESCA E NATUREZA CELEBRARASE DO 30 DE MAIO AO 2 DE XUÑO DE FORMA PARALELA Á FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA...

Ponte Boleira e Mollavao os dous primeiros parques que arranxa o Concello incluídos...

0
Dos 40 parques sometidos a estudo xa están diagnosticados 26, e esta semana comezaron as reparacións  por Ponte Boleira e Mollavao.   Seguridade, conservación dos xogos,...

A Deputación concede máis de 30.000 € á Illa de Arousa para mellorar o...

0
Trátanse de recursos enmarcados no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000...

A Deputación abre este martes as inscricións para a nova xeira de visitas guiadas...

0
As visitas terán lugar os días 7, 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño e as solicitudes realizaranse a través do sitio web...

A Deputación concede preto de 43.000 € a Cuntis para mellorar a accesibilidade do...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

O pregón de Rogelio Groba Otero inaugura as primeiras Festas de Corpus Christi declaradas...

0
O pregoeiro estivo acompañado pola alcaldesa, Nava Castro, polo tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e polos deputados provinciais Sandra Bastos e Alejandro Lorenzo. Ponteareas...

Publicacións Relacionadas