Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O BNG lanza unha ofensiva para facer público o Teatro Cine Fraga...

O BNG lanza unha ofensiva para facer público o Teatro Cine Fraga sen repagar a Abanca polo edificio

- Anuncio -

A fronte nacionalista traslada iniciativas ao Concello de Vigo, á Deputación e á Xunta de Galiza para evitar a “estafa” do PP de dilapidar 9,3 millóns de diñeiro público na compra

Propón un consorcio público-privado entre as tres administracións para a cesión gratuíta do inmóbel e abrir un diálogo co tecido cultural vigués para deseñar o proxecto

Avanza unha emenda á totalidade no Pleno extraordinario deste venres por discrepar cos acordos formulados polo PSOE  que insisten “nos xogos sectarios e partidistas”

O Bloque Nacionalista Galego lanza unha ofensiva institucional para converter o Teatro Cine Fraga nun grande espazo cultural público para Vigo. A fronte nacionalista vén de trasladar iniciativas ao Concello, á Deputación e á Xunta de Galiza para evitar a “estafa” de repagar a Abanca polo edificio, deixando sen efecto a operación de compravenda que pretende o PP dilapidando 9,3 millóns de diñeiro público.

Así o manifestaron este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, a deputada provincial, Manuela Rodríguez, e a deputada no Parlamento galego, Carmela González, nunha rolda de prensa conxunta na que defenderon a necesidade de cooperación entre as tres administracións, a través dun consorcio público-privado ou outra fórmula administrativa, para a adquisición ou a cesión gratuíta do uso do histórico inmóbel así como abrir un diálogo co tecido cultural vigués para deseñar o proxecto.

“Unha iniciativa que debera basearse na suma de esforzos acaba encadrada primeiro nunha competencia de claro carácter electoralista e, agora, como un novo episodio na permanente lea partidista entre PSOE e PP”, lamentou Igrexas, quen afeou que ambas forzas políticas non se acordaran en 16 anos do Teatro Cine Fraga, dende as institucións que presiden, até a campaña electoral das pasadas eleccións galegas. “O BNG xa temos demandando desde hai moito tempo poñer fin ao seu actual abandono para o converter nun grande teatro público para Vigo e Galiza”, subliñou, lembrando que foi xa unha das propostas do programa nacionalistas nos últimos comicios municipais.

Dende o Bloque reiteraron que a compravenda que pretende o PP dende a Xunta e a Deputación, e que no seu momento foi tamén formulada polo alcalde Abel Caballero, constitúe un “claro exemplo de mala xestión que pretende dilapidar recursos de todas e todos para repagar por unha dotación cultural que xa foi financiada con inxente diñeiro público”, en alusión no rescate da privatizada e expatriada Abanca con 9.000 millóns para despois ser adquirida polos actuais propietarios por 1.000 millóns de euros.

“O proceso de bancarización, privatización e desgaleguización da entidade resultante da fusión das caixas galegas, impulsado con entusiasmo polo PP desde os Gobernos galego e español ao ditado da Troika, privou a Vigo de poder contar co Teatro Cine Fraga como un activo sociocultural de primeiro nivel”, denunciou Igrexas, lamentando que este importante espazo cultural leve máis de 23 anos pechado e o proxecto de reforma quedara paralizado tras a operación.

Emenda á totalidade no Pleno extraordinario

O portavoz municipal do BNG de Vigo avanzou así unha emenda á totalidade da moción formulada polo PSOE de cara ao Pleno extraordinario e monográfico convocado para este venres. Nese sentido, asegurou que a fronte nacionalista discrepa dos termos das propostas de acordo que se van someter a votación, que non foron consensuados por parte dos socialistas.

En primeiro lugar, Igrexas valorou que limitar a fórmula para o Teatro Cine Fraga a unha “doazón ao Concello” limita as posibilidade de recuperar o uso público do inmóbel. Aliás, valorou como “xogos sectarios e partidistas” que o PSOE queira incorporar na ecuación á Zona Franca e ao Ministerio de Cultura, dirixidas polo seu partido.

En segundo lugar, rexeitou os argumentos do PSOE sobre o uso do edificio afirmando que Vigo non precisa dun grande teatro público. “É lamentábel, por ser suave, ver como quen dirixe a política cultural do Concello confunde o que é un auditorio co que é un teatro”, censurou Igrexas.

Non á modificación orzamentaria na Deputación

Na mesma liña, a deputada provincial Manuela Rodríguez avanzou o voto en contra do BNG á modificación orzamentaria de 4,6 millóns de euros que pretende o PP para a compra do Teatro Cine Fraga, e que será sometida a voto no vindeiro Pleno provincial. “Isto logo de que presentara un orzamentos claramente regresivos tanto no económico como no ideolóxico”, cuestionou sobre as contas da Deputación, instando a destinar os remanentes a investimentos necesarios para o conxunto dos concellos da provincia.

“Por exemplo recuperando os plans Ágora ou Revitaliza, ou revertendo o recorte nas partidas de Igualdade, Memoria Histórica ou en materia de mobilidade e infraestruturas, que pasou dos 3 millóns o ano pasado a só 400.000 euros neste 2024”, salientou Rodríguez, poñendo como exemplo o caso da “deteriorada” EP-2001 en Vigo.

Fondos da Xunta para ESADg e Escola de Danza

De por parte, a deputada do BNG no Parlamento galego Carmela González lembrou que Vigo é a única cidade, cun tamaño similar no Estado español, que non conta con ningún teatro público, sen contar os diferentes auditorios. “Isto impide atender as necesidades do tecido cultural vigués”, alertou, asegurando que artistas e compañías locais non poden actuar en Vigo por falta dun espazo axeitado.

“Até a actualidade nin Xunta de Galiza, nin Deputación de Pontevedra, nin tampouco o Concello de Vigo, teñen despregado medidas e políticas efectivas para atender esas necesidades e permitir referenciar Vigo no ámbito escénico”, afeou González, destacando o enorme potencial das artes escénicas na cidade como sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESADg).Nese sentido, a deputada nacionalista celebrou que a Xunta “por fin” decida investir en cultura na maior cidade galega. “Pero en lugar de meter máis millóns nos petos de Abanca, o que teñen que facer é dotar a cidade da mil veces prometida Escola de Danza e completar dunha vez o proxecto da ESADg”, remachou.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas