Home Pontevedra O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos turísticos en Vigo

- Anuncio -

A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha vivenda na cidade

Xabier P. Igrexas: “Mentres os alugueiros sexan imposíbeis, nin un piso turístico máis”

O Bloque Nacionalista Galego pide inspeccións e unha ordenanza municipal que regule o avance descontrolado das vivendas de uso turístico (VUT) en Vigo. Así o defendeu o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, diante do “continuo e alarmante” aumento na cidade con 2.206 pisos turísticos rexistrados na actualidade, segundo datos oficiais da Xunta de Galiza.

“A falla de actuación por parte do Goberno de Abel Caballero acabou por se tornar nun acelerante deste fenómeno ultraespeculativo”, criticou Igrexas, alertando de que este incremento de VUT incide de maneira directa na alza dos prezos dos alugueiros residenciais e na limitación da oferta. Así, por cada vivenda dispoñíbel para alugueiro na cidade hai xa 5 destinadas a piso turístico.

Igrexas lamentou que o Goberno municipal non teña feito nada durante os últimos anos, malia as reiteradas propostas e demandas do BNG diante do aumento dun 225% no número de pisos turísticos dende o ano 2021. Un incremento que situou a Vigo á cabeza do problema na Galiza, cun 38% das VUT rexistradas nas sete urbes galegas triplicando a Santiago de Compostela e superando nun 85% á cidade da Coruña.

Fronte a esta situación, o municipal do portavoz Bloque urxiu ao Goberno de Caballero a “deixar de ollar para outro lado permitindo o avance descontrolado dos pisos turísticos, que só benefician os intereses de rendistas e grandes grupos inmobiliarios”. Reclamou nese sentido medidas para frear en seco esta ameaza que, afirmou, é un dos principais obstáculos para acceder a unha vivenda hoxe na cidade.

Sobre este asunto interpelou Igrexas ao Goberno local na Xerencia de Urbanismo celebrada este martes, reclamando inspeccións para determinar se todas as vivendas de uso turístico operan respectando a legalidade, após a recente modificación da Lei de Propiedade Horizontal, e se reúnen as condicións de habitabilidade e seguridade.

“É imprescindíbel que o Concello realice ese control, toda vez está acreditado que o rexistro da Xunta de Galiza é un absoluto coadoiro sen filtros, no que se dan de alta vivendas de uso turístico sen que estas acrediten operar legalmente”, advertiu.

Aliás, dende a fronte nacionalista reiteraron a necesidade de elaborar unha ordenanza municipal para limitar o avance deste fenómeno, cumprindo o acordo plenario do pasado marzo, e impoñendo entre outras medidas unha moratoria de, como mínimo 5 anos, a novas autorizacións.

“Mentres os alugueiros sexan imposíbeis, nin un piso turístico máis”, defendeu Igrexas, rexeitando que as actuacións “vagas e xenéricas” recollidas no novo PXOM vaian resolver o problema, tal como afirma o Goberno local.

Relacionadas

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Cinco vivendas do Porriño reciben as primeiras axudas de 2.000 euros para a instalación...

0
O Concello vén de conceder tantas axudas como foron solicitadas nesta convocatoria pioneira en Galicia Cinco son os primeiros beneficiarios da liña de axudas para...

Publicacións Relacionadas