O obradoiro de emprego Salvaterra Emprega V remata agosto con teoría, formación, práctica e exames

Redacción

Durante os últimos días de agosto os alumnos e alumnas do Obradoiro de emprego de Salvaterra de Miño realizaron no Parque Público A Canuda unha formación sobre o uso, mantemento, cambio de filtros, buxías e mezclas de aceite de diferente maquinaria necesaria para as labores de limeza e desbroce, a esta formación tamén asistiron os alumnos e alumnas do Obradoiro do Concello de Salceda de Caselas.

No apartado de teoría os alumnos e alumnas fixeron as presentacións dos traballos realizados en grupos, traballos como a realización de maquetas de faixas para contención de terras ou de malla de coco.

Na parte máis práctica o alumnado realizou tarefas de roza, soplado e limpeza de cunetas na senda do río Miño, ademáis de realizar tarefas de roza con fío, disco de dúas puntas, limpeza e soplado da zona de acceso á capela de Monte Castelo.

Comparte este artigo