O BNG quece motores para a gran manifestación nacional do Día da Patria Galega con actos en Soutomaior, Pontevedra e Poio

Redacción

O vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, o nacionalismo mostrará a súa vitalidade e a vontade de que Galiza decida o seu propio futuro, nunha gran manifestación polas rúas de Compostela, co lema “Somos unha nación, soberanía e dereitos nun mundo en paz”.

Na manifestación do 25 de xullo demandaremos un goberno galego digno de tal nome, que defenda os intereses de Galiza sen subordinacións, que poña por diante ás persoas e que teña ambición de futuro. Queremos unha Galiza con máis capacidade de decisión, con mellores servizos públicos, con emprego, vivenda e oportunidades para a mocidade e cun modelo económico que deixe aquí a riqueza que xeramos.

Nas datas previas ao Día da Patria Galega, o BNG e Galiza Nova quecerá motores coa realización dos seguintes actos públicos en distintas localidades da comarca pontevedresa:

SOUTOMAIOR.
A tradicional Festa nacionalista que o BNG celebra cada ano en Soutomaior terá lugar o xoves 16 de xullo ás 21.00 h. no Multiusos de Arcade, coa participación do alcalde, Manu Lourenzo.

PONTEVEDRA.
Foliada Queer, organizada por Galiza Nova, venres 17 a partir das 20 h. no Campiño de Santa María
Acto público, o sábado 18 de xullo ás 12.30h no Campiño de Santa María coa participación da responsábel local do BNG, Sabela Bará e a senadora e membro da Executiva Nacional do BNG, Carme da Silva.

POIO
Despregamento do bandeirón da Patria na praia de Lourido, martes 21 ás 18.30 h., organizado por Galiza Nova
Acto público o martes 21 ás 20.30 h. no Parque Rosalía de Castro (Casal de Ferreirós en caso de chuvia), coa participación da portavoz municipal, Marga Caldas, e o deputado no Congreso e membro da Executiva Nacional, Nestor Rego.

AUTOBUSES
Para facilitar o traslado a Compostela, o BNG fletará autobuses desde Pontevedra, con saída ás 10.15 h. do pavillón municipal. Anotarse no local do BNG de Pontevedra (Marquesa 3; 2º F) ou no whatsapp: 620262802

Comparte este artigo