O BNG solicitará a reactivación da comisión de seguimento do Peirado do Covelo

adminON
Lectura mínima de 2

O proxecto de acondicionamento do Peirado do Covelo non pode ficar totalmente abandonado polo PP da Xunta.

O BNG de Poio vai instar a convocatoria das asociacións e colectivos integrantes na Comisión de Seguimento dos Peirados de Raxó e Covelo (Samieira) para reactivar o proxecto do Porto do Covelo.

Solicitarase unha xuntanza para tratar o estado actual no que se atopa o  proxecto de mellora e acondicionamento do entorno das zona portuaria do Covelo. Lembrar que para a execución deste proxecto asinouse en 2009 un convenio entre Portos de Galicia e o Concello de Poio, cun investimento valorado para Covelo que ascendía a 1.500.000 euros. Transcorrida máis dunha década, as únicas actuacións realizadas foron a reforma da ponte do Covelo que se finalizou en 2016, unha obra que non chegan nin ao 5% do investimento comprometido. 

O BNG convocará unha reunión cos colectivos afectados a principios de setembro para instar de maneira conxunta  que se active a comisión de seguimento. Dende o BNG consideramos que o acondicionamento do peirado do Covelo e a humanización do entorno urbano é unha necesidade para recuperar un núcleo turístico e urbano de Poio é  para iso é preciso impulsar e valorar  este  asunto, e trasladarlle ao presidente de Portos de Galicia unha demanda histórica para a veciñanza de Samieira e de Poio.

O BNG leva presentando emendas ao orzamento da Xunta para que se dote unha partida orzamentaria para o proxecto do Covelo dende o 2010. Non podemos esquecernos de un proxecto estratéxico par Poio como a recuperación da totalidade dos seus Portos. 

Comparte este artigo