O deputado nacionalista Luis Bará reclamoulle hoxe ao Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco Gitiérrez, que sexa o goberno galego quen lidere e impulse a posta en valor deste edificio, que usa como punto de prevención e vixilancia de incendios forestais.
Tamén lle reclamou que respecte a propiedade deste equipamento, que pertence á comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, e que legalice o uso que está facendo do mesmo.
O Director Xeral informou da encomenda a TRAGSA dunha memoria valorada para acometer obras de reparación da cuberta, danada polos temporais do inverno. A actuación é menor xa que ten un orzamento de 18.000 euros
O BNG trasladou hoxe ao parlamento, por medio do deputado pontevedrés Luís Bará, unha batería de preguntas e propostas sobre o miradoiro de Cotorredondo, situado no concello de Vilaboa.
Bará sinalou que se trata dun “miradoiro que non é un miradoiro”, xa que non está aberto ao público. A entidade propietaria, a comunidade de montes de Santa Cristina, non ten medios para poder xestionar as visitas, polo que tería que ser outra administración, a Xunta ou a Deputación Provincial, a que se encargase de facilitar os medios humanos e materiais para garantir o uso como miradoiro con todas as garantías de atención, seguridade e accesibilidade.
Hai que ter en conta que o edificio presenta un evidente deterioro polo paso do tempo, polas inclemencias meteorolóxicas e pola falta de conservación e mantemento. Bará sinalou que deberia ser a Xunta quen asumise un proxecto de recuperación integral da edificación, xa que é a institución que o utiliza para tarefas de vixilancia e prevención de incendios. Precisamente o director xeral, o sr Francisco Gutiérrez, sinalou que era unha infraestrutura estratéxica para o operativo da consellaría.
Neste sentido, informou da encomenda a TRAGSA dunha memoria valorada para acometer obras de reparación da cuberta, danada polos temporais do inverno. A actuación é menor xa que ten un orzamento de 18.000 euros.
Xunta okupa e uso do miradoiro sen amparo legal
Luís Bará sinalou varias irregularidades na xestión e uso que fai a Xunta do miradoiro: a primeira é que non existe ningún convenio en vigor que ampare a cesión á consellaría do Medio Rural para o uso da zona superior como punto de vilixancia (polo menos á comunidade de montes de Santa Cristina non lle consta); a segunda é que a comunidade de montes non dispón de chaves para o acceso ao edificio, xa que a Xunta cambiounas fai meses e non lle deu copia; a terceira é que a consellaría pretende facer unha reparación na cuberta do edificio sen información aos lexítimos propietarios do mesmo.
Para o BNG é fundamental superar esta situación de deterioro e infrautilización deste equipamento, que debería ser un motor de dinamización social e económica e un importante atractivo turístico.
Por iso, Bará propuxo hoxe a creación dunha mesa para a recuperación e posta en valor do miradoiro, na que participen a comunidade de montes, o concello de Vilaboa, a Deputación de Pontevedra e a Xunta.
O deputado nacionalista Luis Bará reclamoulle ao Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco Rodríguez, que sexa a Xunta quen lidere e impulse a reapertura do miradoiro, dentro dun plan máis amplo para a conservación e posta en valor do parque-Lagoa de Castiñeiras.

