O Campamento de Verán de Mos ten xa un 34% máis de participación que o ano pasado coas inscricións aínda abertas

adminON
Lectura mínima de 4

–          128 familias teñen a oportunidade de conciliar na tempada estival. Polo de agora atópanse inscritos 176 cativos

–          O Concello asume o custo da aula madruga e da ampliación de horario ata as 15.30h para as familias que o precisen por conciliación a través do Plan Corresponsables

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá acompañada da concelleira de Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro, á cativada participante no Campamento Infantil de Verán organizado polo Concello, Mañás de Verán.

Esta iniciativa, un clásico xa durante a tempada estival mosense, bate neste ano 2024 record de asistencia coa participación de 176 menores de 128 familias do municipio. Moitos dos nenos e nenas asisten a varias quendas.

“Favorecer a conciliación da vida laborar e familiar da nosa veciñanza é unha prioriodade para a administración local, sobre todo en épocas de períodos vacacionais escolares, cando dita conciliación se nos complica ás nais e pais”, explicaba Arévalo, rexedora mosense, “por iso cada ano apostamos pola organización de campamentos nestas épocas, que queda demostrado que funcionan e son un éxito, co número de participantes que aumenta cada ano, e co record que batemos na presente edición”, concluiu a alcaldesa.

Na segunda quenda do campamento que rematou o día 31 de xullo houbo 82 menores rexistrados (20 máis que o ano pasado). Na semana de xuño houbo 40 menores participantes (6 máis que o ano pasado). Na primeira quenda (1/15 xullo) 81.

Na 3ª quenda (1/16 agosto) que se está desenvolvendo agora hai 65 participantes (o ano pasado houbo 53), para a 4ª quenda (17/31 agosto) hai 56 inscritos, e para a semana de setembro (do 2 ao 10), 33 inscritos (fronte aos 20 do ano pasado). Para as seguintes quendas, está aínda aberto o prazo para aquelas familias que o necesiten, ata 5 días antes de empezar a quenda.

Polo que, aínda coas inscripcións abertas para as próximas quendas, o número de asistentes ao Campamento de Verán xa supera en 45 o total de participantes do ano pasado, rexistrando un 34% máis de participación que durante o verán de 2023.

O Concello a través da subvención do Plan Corresponsables corre co gasto da aula madruga e da ampliación do servizo ata despois da hora de xantar (15.30h) para aquelas familias que necesiten este recurso de conciliación durante un horario maior por razóns laborais ou familiares. O campamento conta ademáis con monitorado de apoio para NEE e NEAE, tamén sufragado con esta subvención, aliviando o sobre custo económico que para estas familias supón este recurso especializado. A cativada participante conta cada quincena cunha saída fora do Concello. Na primeira quenda foron a Cesantes, na segunda á Praia de Alcabre e hoxe foron ao Parque da Canuda en Salvaterra de Miño. Ademais, fan saídas ao parque da Pesqueira, sendeiro do Louro, Pazo, etc., e teñen actividades en inglés, actividades de reciclaxe, actividades deportivas, de orientación…

Comparte este artigo