Jacobo Pérez visitu o estudo José Hermida, inaugurado a finais do ano pasado, para responder ás cuestións prantexadas polo alumnado
O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, visitou na mañá deste venres as instalacións do novo estudo radiofónico ‘José Hermida’, inaugurado a finais de 2025, e desde o que o alumnado do CEIP San Clemente lanza ás ondas o seu programa Radio Clementina, no que os e as estudantes, coa axuda do profesorado, ofrecen diferentes contidos culturais e de actualidade.
Neste caso, o rexedor participou nunha entrevista que estivo coordinada por alumnos e alumnas de 6º de Primaria. As preguntas, en moitos casos, tamén foron enviadas por outros nenos e nenas. A través destas cuestións, a rapazada amosou o seu interese polo labor que se leva a cabo na Administración local e as obrigas que conleva o cargo de alcalde. Ademais, tamén preguntaron ao líder do Goberno local cuestións máis persoais, como cales son as súas primeiras lembranzas sobre a radio ou cal é a súa música favorita.
Esta entrevista realizada ao alcalde forma parte das actividades organizadas polo CEIP San Clemente para conmemorar o Día Mundial da Radio, que se celebra cada 13 de febreiro. A través da súa ‘Radio Clementenina’, o centro educativo caldense busca achegar este medio como ferramenta útil para a ensinanza, implicando ao alumnado. O bo facer da comunidade escolar neste eido xa lle servíu para acadar diferentes premios nos últimos anos. Jacobo Pérez pon ese proxecto como exemplo de “traballo ben feito, ilusión e compromiso, tanto por parte dos e das estudantes como do profesorado” e salienta os valores que se poñen valor no que corresponde a creatividade e traballo en equipo. Con respecto á entrevista, o rexedor recoñeceu atoparse moi cómodo e felicitu aos pequenos entrevistadores pola orixinalidade das súas preguntas.



