Iván Pombo é subcampión do Campionato de España e Martina Sande logrou o ouro no Estatal e o bronce no Campionato de España
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, visitaron nas súas instalacións en Sanguiñeda ao CLUB TENIS MESA MOS para felicitar a dous dos seus deportistas, IVÁN POMBO E MARTINA SANDE, polas medallas acadadas no Campionato de España.
O Campionato de España de Tenis de Mesa celebrouse do 12 de xuño ao 3 de xullo en Guadalajara. Na competición nacional Iván Pombo logrou a prata en “Silla Clase 1” e Martina Sande fíxose co bronce en “Silla Clase 4”.
Martina tamén logrou esta tempada ser campiona do Estatal, celebrado en Tarragona o pasado mes de febreiro: os días do 25 ao 27.

