Home Vigo O Porriño O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz para adestramentos e competicións

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz para adestramentos e competicións

- Anuncio -

● Trátase dun tapiz de calidade mazas e homologado para eventos de máximo nivel técnico, que supuxo un investimento de máis 8.100 euros

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para adestramentos e competicións de ximnasia rítmica. O Concello do Porriño, a través da concellería de Deportes que dirixe Abel Estévez, dispuxo este novo tapiz, de calidade mazas e homologado para eventos de máximo nivel técnico, cun investimento que supera os 8.100 euros.
A nova moqueta destaca pola súa versatilidade e durabilidade, fabricado co sistema tradicional de “fío BCF” e fío vulcanizado de poliamida de máxima calidade. O seu deseño compacto permite un uso intensivo, superando as esixencias mínimas para un tapiz de alto nivel de competición. Cunhas dimensións de 14 x 14 metros, é ideal para adestramentos que superan as 15-20 horas semanais, garantindo así unhas condicións óptimas para os/as nosos/as deportistas.
Ademais, instalouse un pasilleiro de entrada ao tapiz e zona de entrega de medallas, adornada cos logos do Concello de Porriño e do Club Ximnasia Porriño. Este espazo tamén inclúe a inspiradora frase: “A confianza é o primeiro paso cara aos teus soños”, unha mensaxe que reflicte o espírito de superación e dedicación do club.
O Club Ximnasia Porriño, que conta con 150 deportistas en diversas categorías, continúa facendo historia na ximnasia rítmica galega.
“Queremos proporcionar as mellores condicións para a formación e competición dos nosos deportistas”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Desde a base ata a competición os clubs contan co noso respaldo para seguir facendo realidade os soños de moitos nenos e nenas do Porriño”.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas