O comercio “Ellos” faise co primeiro premio do concurso de escaparates de Ponteareas

adminON
Lectura mínima de 1
  • O 2º premio foi para Opticalia e o 3º para Zoe Lencería
  • O goberno salienta a importancia do tecido comercial como dinamizador económico e social

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Comercio, Ricardo González, entregaron os premios do Concurso de Escaparates do Concello de Ponteareas nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello.

O comercio “Ellos” fíxose co primeiro premio, co 2º Opticalia e co 3ºZoe lencería. Con este concurso o Concello de Ponteareas premiou aos comercios da vila pola súa creatividade á hora de deseñar a decoración nos seus escaparates.

“Agradecemos aos comercios locais que se sumen ás propostas do Concello que buscan dinamizar a vila e fomentar as compras. Os vosos deseños son unha mostra do talento e da capacidade cos que contamos”, sinalou Ricardo González.

Pola súa banda animou a todos e todas as comerciantes presentes a seguir facendo equipo, a formarse e a deseñar xuntas e xuntos unha cidade máis fermosa e agradable, “o comercio local forma parte do atractivo dunha vila sendo ademais un importante dinamizador económico e un elemento diferenciador ao que debemos apoiar”, engadíu a alcaldesa.

Comparte este artigo