Home O Morrazo Bueu Bueu prepárase para a Concentración Moteira do Morrazo

Bueu prepárase para a Concentración Moteira do Morrazo

- Anuncio -
  • O Concello de Bueu e a Asociación de Moteiros do Morrazo presentaron hoxe o programa que terá lugar na zona de As Lagoas
  • Durante a próxima fin de semana realizaranse diversas actividades moteiras, entre as que se atopa a tradicional ruta nocturna con fachos

O Concello de Bueu prepárase para acoller esta fin de semana a ‘Concentración Moteros do Morrazo 2024’, que se celebrará na contorna das Lagoas entre o venres 24 e o domingo 26 de maio. Este xoves, no aparcadoiro de As Lagoas, tivo lugar o acto de presentación do programa, á que acudiron Carmen García, concelleira de cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Xosé Leal, edil de facenda, que estiveron acompañados de Borja Portela, presidente da Asociación de Moteiros do Morrazo, e outros integrantes do colectivo.

Carmen García, edil de cultura, agradeceu á asociación “polo traballo que desenvolve todo o ano e que permite organizar este evento na vila”. Así mesmo, tamén avanzou que “se contará cun dispositivo de seguridade e de tráfico tal e como se acordou na reunión de seguridade mantida a semana pasada entre o goberno local e a policía da vila”.

Borja Portela, dende o motoclub, catalogou como “moi boa” a previsión da concentración, pois vendéronse un máis do 75% das inscricións anticipadas, e agárdase que se cubra a totalidade xa o venres, e que se acheguen entre 5000 e 6000 persoas. Ademais, dende a directiva da asociación, revelaban que, entre o total de persoas inscritas, anotáronse moteiros e moteiras procedentes doutros puntos do país. O evento dirixido aos amantes do mundo do motor, e que conta co apoio do Concello, Xunta de Galicia e patrocinadores privados celebrarase entre a carpa situada no aparcadoiro de As Lagoas e a do Campo da Estacada.

As xornadas sobre rodas darán comezo mañá venres, día 24, coa apertura de inscricións ás 17 horas para as persoas interesadas en formar parte do evento. Neste día, non se realizarán actos moteiros, pero os/as asistentes poderán gozar de música a partir das 22 horas, con DJ Ruben Díaz, o Grupo América, DJ Chimo Cabreira e DJ Charlie Style.

O sábado, a apertura de inscricións comeza ao mediodía, mentres que os actos moteiros dan o pistoletazo de saída ás 17 horas, coa ruta con pinchada pola zona. O traxecto iníciase en Bueu, pasando pola Graña, a rotonda da Magdalena, a rotonda dos Mexillóns e continuando por Aldán, onde se realizará unha parada no peirao. O regreso efectuarase por Beluso, ata o punto inicial. A exhibición stunt será o seguinte espectáculo, que terá lugar ás 19 horas, en Ramón Bares, da man de Emilio Zamora. Neste mesmo intre, dáse apertura ás inscricións para a proba de decibelios e motos lentas, a cal se efectuará pola noite. Os moteiros e moteiras que queiran gozar dunha cena con apaixonados do motor poderán participar na cena prevista, na que se realizarán sorteos de agasallos. A xornada máis ardente non rematará aquí,  pois ás 00.30 horas comezará tradicional ruta nocturna con fachos, a través das rúas da vila. Ao rematar a ruta, os inscritos volverán gozar das súas vantaxes cunha queimada gratis e máis sorteos de agasallos. A festa continuará a cargo do DJ Rubén Díaz e do DJ Toño e DJ Quico.

A mañá do domingo non será menos movida cás xornadas anteriores, pois as persoas inscritas poderán deleitarse dun almorzo entre as 10 e as 11.30 horas. Despois de encher o estómago, ás 11.30 horas haberá unha nova exhibición stunt con Emilio Zamora. As xornadas moteiras pecharán cunha sesión de vermú e petiscos amenizada pola Charanga Noroeste ás 13 horas, e na que tamén se realizará a  entrega de trofeos.

Plan de tráfico concentración moteira

Por mor da celebración do evento moteiro, o Concello informa á cidadanía dos cortes de tráfico que se efectuarán ao longo destes días na vila. A rúa Johan Carballeira estará cortada dende o venres ás 16 horas ata o domingo ás 16 horas, agás os garaxes; a rúa López Cortizo Ferrolán, estará cortada dende o xoves ás 14 horas ata o domingo á mesma hora; a rúa José María Estévez, tamén permanecerá cortada, agás os garaxes; e en Ramón Bares prohibirase o aparcadoiro e o tránsito o sábado de 14 a 21 horas, e o domingo, de 10.30 a 14.00 horas.  

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas