O equipo de goberno do Alcalde Luciano Otero, con Iván Martínez á cabeza do ámbito de Educación, decidiu facer pública a preocupante situación que afecta aos centros educativos de Pazos de Borbén. Durante os últimos sete meses, o Concelleiro Iván Martínez levou a cabo numerosos intentos de establecer un diálogo co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, sen obter resposta satisfactoria.
Iván Martínez, na súa calidade de Concelleiro de Educación, liderou os esforzos do Concello para abordar a problemática, implementando medidas de mantemento co obxectivo de garantir a seguridade e o benestar dos estudantes. Non obstante, estas accións resultan insuficientes fronte ás carencias estruturais que requiren unha intervención máis profunda e especializada.
Entre as problemáticas destacadas atópase a persistente situación de goteras na escola A Galeriña, a cal demanda unha reparación integral do tellado. Asimismo, subliñouse a falta de colaboración por parte da Xunta na xestión das vivendas destinadas ao persoal docente, as cales atópanse nun estado de abandono desolador.
Particularmente, o Concelleiro Iván Martínez resaltou a urxencia de intervir no ximnasio escolar, cuxo chán de madeira, con máis de 30 anos de antigüidade, presenta un estado de deterioro que compromete a seguridade dos estudantes.
O equipo de goberno, encabezado polo Alcalde Luciano Otero e con Iván Martínez como responsable de Educación, fai un chamado á responsabilidade e á acción inmediata por parte da Xunta de Galicia para abordar estas cuestións que afectan directamente á educación e o benestar dos mozos de Pazos de Borbén. Asimismo, advirte que a comunidade estará atenta a estas problemáticas nas próximas eleccións autonómicas, recordando que os veciños e veciñas de Pazos de Borbén tamén votan e esperan que se reflicta o compromiso real co desenvolvemento e a mellora do concello.

