Home Baixo Miño A Guarda O Concello da Guarda adheriuse á iniciativa “Concellos Emprendedores”

O Concello da Guarda adheriuse á iniciativa “Concellos Emprendedores”

- Anuncio -

• Esta ahesión é un paso máis dos que o concello está dando para reactivar o polígono empresarial A Guarda-O Rosal.


• obxectivo desta iniciativa é facilitar o investimento empresarial e impulsar a economía, ofrecendo axilidade administrativa e incentivos fiscais ás empresas que queiran implantarse na localidade.

A iniciativa “Concellos Doing Business Galicia-Concello Emprendedor” resulta dun convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia. Os concellos que queiran participar desta iniciativa han de adherirse ao protocolo.

A adhesión a este protocolo compromete aos concellos a aprobación de bonificacións de ata o 95% nas ordenanzas fiscais do IBI, do IAE e do ICIO, para actividades económicas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, para supostos que impliquen nova implantación dunha actividade económica ou empresarial, ou ampliación das instalacións existentes.

Estas bonificacións estableceranse en función de parámetros de creación de emprego segundo os seguintes tramos:

• Ata o 95 % pola creación de máis de 20 postos de traballo.
• Cando menos o 75 % pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
• Cando menos o 50 % pola creación de ata 10 postos de traballo.

Ademais o Concello da Guarda manterá o compromiso de resolución das solicitudes de licenza de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais, dende que o concello dispón da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.

No caso da Guarda estanse poñendo os medios para favorecer a chegada de novas empresas, sempre pensando no futuro desenvolvemento do chan empresarial.

Por outra banda a adhesión ao protocolo tamén permitirá ao concello participar en liñas de axuda, promovidas pola Xunta, para impulsar o emprego de calidade, o emprendemento e a innovación.

Relacionadas

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais...

0
O programa “O teu espazo xuvenil”, que foi presentado a comezos desta semana en Barro, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes,...

A liga Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

0
Este próximo sábado 27 celébrase próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba está organizada pola...

A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a exposición “Achegas...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

0
Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

Publicacións Relacionadas