HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda pechou fontes, duchas de praias e o rego...

O Concello da Guarda pechou fontes, duchas de praias e o rego municipal

- Anuncio -spot_img
  • Non se debe usar auga para o rego de xardíns nin para recheo de piscinas

Desde o Concello da Guarda recalcamos facer un consumo responsable da auga ante a seca.

O Concello pechou o servizo de duchas nas praias, das fontes e dos regos municipais.

Por iso, pedimos a colaboración de todos e todas para que a auga quede restrinxida á preparación de alimentos, á hixiene persoal e a outras necesidades básicas.

Ante a prolongada seca, falta de chuvias e longos períodos de altas temperaturas, rogamos que non se use a auga para recheos de piscinas ou regos de xardíns.

Aproveitamos para recordar que nos atopamos en nivel MOI ALTO de riscos de incendios polo que se converte en prioritario en dispoñer de auga ante calquera emerxencia.

Agradecemos a colaboración e comprensión de todos e todas.

Publicacións Relacionadas