HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda prepara unha programación especial para o 8M

O Concello da Guarda prepara unha programación especial para o 8M

- Anuncio -spot_img
  • Na fin de semana do Día Internacional da Muller haberá dúas actividades

O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller.

O sábado 7 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor. A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.

Para o domingo 8-M, o Centro Cultural da Guarda acollerá a obra de teatro “Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller” a partir das 19:00 horas. A obra trata de dúas personaxes, Elena, a psicóloga, e Ledicia, a doente, que transitan durante unha sesión de terapia polo presente, pasado e futuro delas dúas. Nesa sesión descubrimos historia de Ledicia, o camiño marcado que seguiu sen rechistar e as consecuencia que trouxeron.

Ademais, como parte deste programa do Día Internacional da Muller, desenvólvense diferentes obradoiros para mulleres na nosa vila. Esta semana deu comezo o obradoiro de canto “Con voz propia” que busca explorar novas maneiras de cantar e bailar en liberdade. A próxima semana comezará o obradoiro “Quérome, cóidome”, que tamén arranca a súa quinta edición. Esta obradoiro céntrase na aprendizaxe de quererse e coidarse para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres; as inscricións aínda están abertas en muller@aguarda.es e no 986 61 46 48.

Publicacións Relacionadas