O Concello de Baiona iniciou os preparativos para celebrar unha das festas máis esperadas na Vila, as festas do Carmen, patroa de todos os mariñeiros.
Por este motivo a Concellaría de Festexos informa de que xa está aberto o período de inscricións para poder participar na comparsa dos Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Centro histórico de Baiona o xoves 16 de xullo de 2026.
A comparsa estará composta por dez cabezudos (A Ratiña, o Popeye, o Diaño, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Bruxa de cabeza pequena) e dous Xigantes (o Rei e a Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido, e recibirán os seguintes premios pola súa participación, Cabezudo 30 euros e Xigante 150 euros.
As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona ou na súa sede electrónica ata as 13:00H. do 13 de xullo, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.

