O Concello de Baiona representado pola Concelleira de Mocidade, Ruth Álvarez, e persoal técnico municipal do Concello de Baiona participan nunha reunión na Deputación de Pontevedra na que se presentou aos concello da provincia as liñas mestras do novo Servizo de Mocidade e Reto Demográfico

adminON
Lectura mínima de 3

O Concello de Baiona representado pola Concelleira de Mocidade, Ruth Álvarez, e persoal técnico municipal do Concello de Baiona participaron nunha reunión na Deputación de Pontevedra na que o deputado provincial Jorge Cubel presentou aos concello da provincia as liñas mestras do novo Servizo de Mocidade e Reto Demográfico, posto en funcionamento este 2024 baixo o liderado de Cubela.

O deputado provincial en concreto presentou as novas liñas de subvencións e proxectos en materia de mocidade e reto demográfico impulsados polo novo servizo da Deputación e escoitou tamén as demandas de concelleiras, concelleiros e persoal técnico de trinta concellos da provincia.

Neste campo, o deputado asegurou que “o noso compromiso é escoitar as vosas propostas, iniciativas e ideas en materia de mocidade, para atendelas en igualdade de condicións, sen filtros políticos”. Ademais, a través do Servizo de Mocidade e Reto Demográfico preténdese “non só ofertar novas liñas de actuación, senón tamén ser o promotor da coordinación e da posta en valor de accións que levan a cabo para darlle voz á mocidade da provincia”.

Deste xeito, nos menos de tres meses de funcionamento do novo servizo de Mocidade, tal e como explicou Cubela, realizouse xa un estudo da normativa e do que se está desenvolvendo neste ámbito noutros organismos e deputacións provinciais. Ademais, tamén se puxeron en marcha iniciativas como os Premios Provinciais á Mocidade, o Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos ou o Plan +Mocidade, a primeira liña de subvencións por concorrencia competitiva creada pola institución provincial para asociacións xuvenís e grupos informais.

Xunto a estas iniciativas, iniciouse xa o proceso de elaboración do I Plan Estratéxico de Mocidade da Provincia, que se redactará @teniendo en cuenta todos os sectores e actores implicados (desde os concellos ata a propia mocidade) e converterase no eixo central de acción das políticas xuvenís que a Deputación vai impulsar nos próximos anos. Ademais, desde o novo servizo estase tamén a traballar en iniciativas dirixidas a concellos de reto demográfico para equipar locais xuvenís de titularidade municipal, en liñas de axudas para as ANPA e os centros educativos públicos para organizar excursións a granxas escolas, nun programa de semanas brancas, nunha liña de axudas para que a mocidade poida acceder a vivenda no rural, nun programa de actividades extraescolares para primaria e secundaria, en iniciativas para loitar contra a fenda dixital e en programas centrados na saúde mental da mocidade, entre outras.

Comparte este artigo